miniatura|"O regreso do fillo pródigo", obra de Rembrandt O perdón é o proceso intencional e voluntario polo que a vítima ou xeralmente o agresor pasa por unha mudanza de sentimentos e actitudes en relación a unha ofensa criminosa, deixa de lado as emocións negativas, como a vinganza cunha capacidade aumentada de desexar ben ao agresor.What Is Forgiveness? The Greater Good Science Center, University of California, Berkeley O perdón é distinto da tolerancia (fallar en ver a acción como errada e necesitada de perdón), da desculpa (non considerar o ofensor como responsábel pola acción), do esquecemento (remover a noción da ofensa da conciencia), do indulto (concedido por un representante recoñecido da sociedade, como un xuíz) e da reconciliación (restauración dunha relación).

En certos contextos, o perdón é un termo legal para absolver ou desistir de todos os sinistros por conta de débedas, empréstitos, obrigas ou outras reivindicacións.Debt Forgiveness OECD, Glossary of Statistical Terms (2001)Loan Forgiveness Glossary, U.S. Department of Education

Como concepto psicolóxico e virtude, os beneficios do perdón foron explotados no pensamento relixioso, nas ciencias sociais e na medicina. O perdón pode ser considerado simplemente en termos da persoa que perdoa incluído perdoar a si mesmo, en termos da persoa perdoada ou en termos da relación entre o perdoador e a persoa perdoada. Na maioría dos contextos, o perdón concédese sen expectativa de xustiza restaurativa, e sen calquera resposta por parte do agresor (por exemplo, alguén pode perdoar unha persoa que está incomunicábel ou morta). En termos prácticos, pode ser necesario que o ofensor ofreza algunha forma de recoñecemento, unha petición de desculpas, ou ata pida perdón, para que a persoa inxustizada crea que é capaz de perdoar tamén.

As dimensións sociais e políticas do perdón envolven a esfera estritamente privada e relixiosa do "perdón". A noción de "perdón" é xeralmente considerada excepcional no campo político. No entanto, Hannah Arendt considera que a "facultade do perdón" ten o seu lugar nos asuntos públicos. A filósofa cre que o perdón pode liberar recursos tanto individual canto colectivamente en face do irreparábel. Durante unha investigación en Ruanda sobre os discursos e a práctica do perdón tralo xenocidio de Ruanda, o sociólogo Benoit Guillou ilustrou a polisemia extrema (múltiplos significados) da palabra perdón, mais tamén o eminente carácter político da noción. Como conclusión do seu traballo, o autor propón catro figuras principais do perdón para unha mellor comprensión, por unha banda, de usos ambiguos e, por outro lado, as condicións baixo as que o perdón pode mediar a continuaciónn do vínculo social.

O termo perdón pode usarse de xeito intercambiábel e interprétase de moitas maneiras distintas por persoas e culturas. Iso é especificamente importante na comunicación relacional, porque o perdón é un compoñente chave na comunicación e na progresión xeral como individuo, do par ou grupo. Cando todas as partes teñen unha visión mutua de perdón, entón unha relación pode manterse. "Entender os antecedentes do perdón, explotar a fisioloxía do perdón e adestrar as persoas para se tornaren máis tolerantes, todo implica que temos un significado compartido para o termo".

Concepcións relixiosas Xudaísmo Na Torá, o perdón é un mandamento divino, unha Mitzvá que prohibe a vinganza e gardar resentimiento ou rancor. No xudaísmo, é Deus quen pode perdoar a persoa que está sinceramente arrepentida e que está disposta a reparar o dano ou a ofensa cometida ao outro. O perdón para o xudaísmo consta de tres niveis: selijá (decisión de acabar coa dor), mejilá (arrincar a dor e deixar de culpar os outros) e kapará (substituír a negatividade polo amor).

O Yom Kipur, ou día do Perdón celébrase o 10 de Tishrei, 10 días despois do aninovo. É a festividade máis solemne e respectada do calendario xudeu. Este día iníciase como todas as festas xudías a tarde do día anterior. Obsérvase un xaxún rigoroso, é un día dedicado á pregaria e ao arrepentimento polas faltas cometidas durante o ano, esperando o perdón de Deus, que ha perdoar a todos os que se arrepintan sinceramente. Reflexiónase sobre os erros cometidos e sobre como ser mellor persoa o seguinte ano.¿Por qué los judíos piden perdón en Yom Kippur?

Cristianismo No Novo Testamento, Deus é misericordioso, e perdoarse os uns aos outros considérase un imperativo moral, pois o perdón a quen nos ofenden e nos odian é un dos maiores exemplos de amor ao próximo; as referencias ao perdón entre os homes abundan no Novo Testamento, que recomenda poñer a outra fazula e amar os nosos inimigos. Xesús recomendou perdoar "setenta veces sete" (Mateo 18:22), é dicir, non cansar de perdoar.

A parábola do fillo pródigo ensina as diferenzas do perdón entre os seres humanos e a súa analoxía con Deus como perdoador, para quen buscan o seu perdón.The Parable of the Prodigal Son in Christianity and Buddhism

Budismo No Budismo, o perdón concíbese como unha práctica para previr pensamentos daniños que poidan alterar o noso benestar mental. O budismo recoñece que os sentimentos de odio e rancor deixan un efecto dureadeiro no noso karma. De feito, o budismo promove o cultivo de pensamentos que deixen unha sensación sa.

Islam No islam, predícase que Deus é "O Clemente", "O Misericordioso" (al-Rahman al-Rahim). O Corán deixa claro que Deus castiga, mais tamén perdoa. O islam ensina que Deus é misericordioso e a fonte orixinal de todo perdón. O perdón frecuentemente require o arrepentimento de quen teñen que ser perdoados. Dependendo do tipo de erro cometido, o perdón pode provir directamente de Deus, ou do ofendido. No caso do perdón divino, a petición de tal perdón e o arrepetimento é relevante; no caso do perdón humano, é importante tanto perdoar como ser perdoado.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Balancing the Scales of Justices with Forgiveness and Repentance, Randall J. Cecrle, 2007, ISBN 1-60266-041-7 Radical Forgiveness: Making Room for the Miracle, Colin Tipping, 1997, ISBN 0-9704814-1-1 Forgiving and Not Forgiving: Why Sometimes It's Better Not to Forgive, Jeanne Safer, 2000, ISBN 0-380-79471-3 Hein, David. "Regrets Only: A Theology of Remorse." The Anglican 33, no. 4 (outubro de 2004): 5-6. Hein, David. "Austin Farrer on Justification and Sanctification." The Anglican Digest 49.1 (2007): 51–54. Kramer, J. e Alstead D., The Guru Papers: Masks of Authoritarian Power, 1993, ISBN 1-883319-00-5 Lampert, K.(2005); Traditions of Compassion: From Religious Duty to Social Activism. Palgrave-Macmillan; ISBN 1-4039-8527-8 Schmidt D. (2003); The Prayer of Revenge: Forgiveness in the Face of Injustice; ISBN 0-7814-3942-6 Toxic Parents: Overcoming Their Hurtful Legacy and Reclaiming Your Life, Susan Forward, 1990. The Railway Man: A POW's Searing Account of War, Brutality, and Foregiveness, Eric Lomax

Ligazóns externas theforgivenessproject.com

Categoría:Espiritualidade Categoría:Comportamento Categoría:Ética Categoría:Virtudes