Horizontes de grandeza (en ) é un filme estadounidense de 1958 dirixido por William Wyler, protagonizado por Gregory Peck, Jean Simmons, Carroll Baker, Charlton Heston e Burl Ives. Os actores secundarios son Charles Bickford e Chuck Connors. Rodado en Technicolor e Technirama, o filme baséase na novela Ambush at Blanco Canyon de Donald Hamilton e foi coproducido por Wyler e Peck. A secuencia de comezo dos créditos foi creada por Saul Bass.

Sinopse Un refinado home do leste, o capitán de barco retirado James McKay, chega ao oeste profundo para coñecer a familia das súa prometida, Patricia Terrill. Contra a súa vontade, McKay verase inmerso nas disputas entre o seu futuro sogro, Henry Terrill, e o patriarca dunha familia rival, Rufus Hannassey, polo control dunhas terras polas que cruza un río que achega a auga indispensable para os seus respectivos ranchos, terras que son propiedade da profesora e amiga de Patricia, Julie Maragon.

Personaxes Gregory Peck como James McKay Jean Simmons como Julie Maragon Carroll Baker como Patricia Terrill Charlton Heston como Steve Leech Burl Ives como Rufus Hannassey Charles Bickford como Maj. Henry Terrill Alfonso Bedoya como Ramón Gutierrez Chuck Connors como Buck Hannassey Chuck Hayward como Rafe Hannassey Buff Brady como Dude Hannassey Jim Burk como Blackie / Cracker Hannassey Dorothy Adams como Hannassey Woman Chuck Roberson como Terrill Cowboy

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1958 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por William Wyler Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes de 1958 con versión en galego