O ouro do tempo é un filme galego de 2013 escrito e dirixido por Xavier Bermúdez.Xavier Bermúdez en AVG Consultado o 29 de xuño de 2021 Estivo nomeado a catro premios na 13ª edición dos Premios Mestre Mateo, incluíndo as categorías de mellor actriz (Nerea Barros), mellor actriz secundaria (Marta Larralde), mellor guión (Xavier Bermúdez) e mellor dirección artística (Jaione Camborda), mais finalmente non conseguiu ningún galardón.

Sinopse Conta a historia dun médico que a finais dos anos sesenta crioxeniza o corpo da súa muller á espera de que a ciencia poida devolverlle a vida.

Personaxes Nerea Barros como Corona Manuel Cortés Marta Larralde como Amalia Ernesto Chao como Alfredo Xosé Manuel Olveira "Pico" Pilar Pereira como Milucha

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina do filme en Xamalú Filmes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Xavier Bermúdez Categoría:Filmes rodados en Galicia