Sempre ao teu lado, Hachiko (en ) é un filme británico-estadounidense de 2009 dirixido por Lasse Hallström, escrito por Stephen P. Lindsey e Kaneto Shindo, e producido por Richard Gere, Bill Johnson e Vicki Shigekuni Wong. É unha adaptación do filme xaponés de 1987 Hachikō Monogatari. O filme orixinal conta a historia real dun can de raza Akita chamado Hachikō que viviu no Xapón na década de 1920. Na versión de 2009, a historia ocorre nos Estados Unidos, e está protagonizada por Gere, Joan Allen, Sarah Roemer, Jason Alexander e Cary-Hiroyuki Tagawa.
Sempre ao teu lado, Hachiko estreouse no Festival Internacional de Cinema de Seattle o 13 de xuño de 2009, e nos cinemas do Xapón o 8 de agosto de 2009. A finais de setembro de 2010, a recadación do filme superou os 45 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 6 de xaneiro de 2021 a través da TVG. Foi traducido ao galego por Magdalena Sánchez.
Personaxes Layla, Chico e Forrest como Hachi Richard Gere como Profesor Parker Wilson Joan Allen como Cate Wilson Erick Avari como Jasjeet Jason Alexander como Carl Boilins Sarah Roemer como Andy Wilson Cary-Hiroyuki Tagawa como Ken Fujiyoshi Robbie Collier Sublett como Michael Davenia McFadden como Mary-Ann Kevin DeCoste como Ronnie Tora Hallström como Heather
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Lasse Hallström Categoría:Filmes rodados no Xapón Categoría:Filmes rodados en Rhode Island Categoría:Filmes ambientados no Xapón Categoría:Filmes ambientados en 1998 Categoría:Filmes ambientados en 2008 Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes de 2009 con versión en galego