Krishna (en , Kṛṣṇa) é unha das deidades fundamentais do hinduísmo. É adorado como o oitavo avatar de Vishnu e tamén como o Deus supremo por dereito propio. É o deus da protección, a compaixón, a tenrura e o amor e é unha das máis populares e veneradas das divindades indias. O aniversario de Krishna celébrano cada ano os hindús no Krishna Janmashtami segundo o calendario lunisolar hindú, que cae a finais de agosto ou principios de setembro do calendario gregoriano.

As anécdotas e as narracións da vida de Krishna normalmente chámanse Krishna Leela. É unha personaxe central no Mahabharata, no Bhagavata Purana, no Brahma Vaivarta Purana e no Bhagavad Gita, e é mencionado en moitos textos filosóficos, teolóxicos e mitolóxicos hindús. Retrátano en varias perspectivas: un neno-deus, un bromista, un amante modelo, un heroe divino e como o ser supremo universal. A súa iconografía reflicte estas lendas e móstrano en diferentes etapas da súa vida, como un bebé que come manteiga, un rapaz tocando a frauta, un rapaz con Radha ou rodeado de mulleres devotas ou como un carreteiro amigable que lle dá consello a Arjuna.

O nome e os sinónimos de Krishna remontánse á literatura e aos cultos do primeiro milenio a.C. Nalgunhas subtradicións, Krishna é adorado como Svayam Bhagavan (o Deus Supremo) e ás veces coñécese como krishnaísmo. Estas subtradicións xurdiron no contexto do movemento bhakti da época medieval. Ravi Gupta and Kenneth Valpey (2013), The Bhagavata Purana, Columbia University Press, , páx. 185–200 A literatura relacionada con Krishna inspirou numerosas artes do espectáculo como Bharatanatyam, Kathakali, Kuchipudi, Odissi e a danza Manipuri.ML Varadpande (1987), History of Indian Theatre, Vol 1, Abhinav, , páx. 98–99 É un deus panhindú, mais é venerado especialmente nalgúns lugares como Vrindavan en Uttar Pradesh, Dwarka e Junagadh en Gujarat; o aspecto Jagannatha en Odisha, Mayapur en Bengala Occidental; en forma de Vithoba en Pandharpur, Maharashtra, Shrinathji en Nathdwara en Rajasthan, Udupi Krishna en Karnataka, Parthasarathy en Tamil Nadu e Guruvayoorappan en Guruvayoor en Kerala. Desde a década de 1960, o culto a Krishna tamén se estendeu ao mundo occidental e a África, en gran parte debido ao traballo da Sociedade Internacional para a Conciencia de Krishna (ISKCON).

Nomes e etimoloxía O nome "Krishna" procede da voz sánscrita Kṛṣṇa, que é principalmente un adxectivo que significa "negro", "escuro" ou "azul escuro".* Monier Williams Sanskrit-English Dictionary (2008 revision) Apte Sanskrit-English Dictionary A lúa minguante chámase Krishna Paksha, relacionado co adxectivo que significa "que se escurece". O nome tamén se interpreta ás veces como "todo atractivo".

Como un nome de Vishnu, Krishna é listado como o 57.º nome no Vishnu Sahasranama. Baseado no seu nome, Krishna, ás veces represéntase coma un ídolo de pel negra ou azul. Krishna tamén se coñece con outros nomes, epítetos e títulos que reflicten as súas moitas asociacións e atributos. Entre os nomes máis comúns están Mohan "encantador"; Govinda "xefe gandeiro",Monier Monier Williams, Go-vinda, Sanskrit English Dictionary and Ettymology, Oxford University Press, p. 336, 3rd column Keev "bromista" e Gopala "protector do Go", que significa "alma" ou "as vacas". Algúns nomes para Krishna teñen importancia rexional; Jagannatha, que se atopa no templo de Puri, é unha encarnación popular no estado de Odisha e rexións próximas da India oriental.

Krishna pode tamén referirse a Vāsudeva-Krishna, Murlidhar e Chakradhar. O título honorario "Sri" ou "Shri" adoita empregarse diante do nome de Krishna.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas The Legends of Krishna, W. Crooke (1900), Folklore Bathing in Krishna: A Study in Vaiṣṇava Hindu Theology, Dennis Hudson (1980), The Harvard Theological Review Krishna, Christians, and Colors: The Socially Binding Influence of Kirtan Singing at a Utah Hare Krishna Festival, Sara Black Brown (2014), Ethnomusicology

Categoría:Deuses do hinduísmo Categoría:Avatares de Vishnu Categoría:Formas de Vishnu Categoría:Deuses creadores Categoría:Deuses destrutores Categoría:Deuses da sabedoría Categoría:Deuses do comercio