Soiuz TMA-04M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 15 de maio de 2012 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-04M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Joseph Acaba, Gennadi Padalka e Sergei Revin a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante cerca de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2) e regresou o 17 de setembro de 2012 ás 2:23 GMT.
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-04M estaba formada por Oleg Novitskii, Ievgeni Tarelkin e Kevin Ford.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Notas
Categoría:Programa Soiuz