Soiuz TMA-17M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 22 de xullo de 2015 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-17M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Kimiya Yui, Oleg Kononenko e Kjell Lindgren a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. Un dos paneis solares da nave non se despregou despois de chegar a órbita, a pesar do cal a Soiuz acoplouse con normalidade ao módulo Rassvet. Regresou o 12 de novembro de 2015.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-17M estaba formada por Timothy Kopra, Iuri Malenchenko e Timothy Peake.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz