Juan Pazos Varela, finado en Padrón o 30 de outubro de 1964, foi un comerciante, empresario e político galego.

Traxectoria Irmán de Carlos Pazos Varela. Dono dun comercio e despois dunha fábrica de tecidos en Padrón. Foi concelleiro conservador en Padrón entre 1905 e 1911. Sufriu un atentado o 9 de xaneiro de 1911.El Diario de Pontevedra, 14-1-1911, p. 2. Colaborou en El Barbero Municipal.El Eco de Galicia, 25-1-1912, p. 1. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Padrón. Finou en Padrón o 30 de outubro de 1964.La Noche, 30-10-1964, p. 2.

Vida persoal

Casou na Escravitude con Clotilde Jiménez López en 1905,La Correspondencia Gallega, 16-8-1905, p. 3. e foi pai de Rafael e Ramón Pazos Jiménez.

Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Padrón Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1964