Polistes versicolor é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos polistinos e tribo dos Polistini, unha das numerosas comprendidas no xénero Polistes.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1791 polo naturalista e entomólogo francés Guillaume-Antoine Olivier, co nome de Vespa versicolor.Polistes versicolor (Olivier, 1791) no GBIF. Consultado o 24 de xullo de 2021.Polistes versicolor (Olivier, 1792) en BioLib. Consultado o 24 de xullo de 2021.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Polistes.
O epíteto específico, versicolor, Olivier tomouno do adxectivo do latín clásico vesicolor, -ōris, "de varias cores", en alusión á coloración deste animal.
Sinónimos Ademais e polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Polistes opalinus Saussure, 1853 Polistes vulgaris Bequard, 1934 Vespa myops Fabricius, 1798 Vespa versicolor Olivier, 1792 (protónimo)
Subespecies Dentro desta especie recoñécense as tres subespecies seguintes:Zara, Fernando & Jose Balestieri. (2000): "Behavioural Catalogue of Polistes versicolor Olivier (Vespidae: Polistinae) Post-emergent Colonies." Naturalia 25: 301-319.Gobbi, Nivar; Fernando B. Noll & Marcelo A. H. Penna (2006): "‘Winter’ Aggregations, Colony Cycle, and Seasonal Phenotypic Change in the Paper Wasp Polistes versicolor in Subtropical Brazil". Naturwissenschaften 93 (10): 487-94. Polistes versicolor flavoguttatus Bequaert, 1934 Polistes versicolor kaieteurensis Bequaert, 1934 Polistes versicolor versicolor (Olivier, 1792)
Distribución Polistes versicolor é a especie de avespa suramericana máis amplamente distribuída, sendo particularmente común nos estados brasileiros do sueste.
Polistes versicolor flavoguttatus encóntrase en Ecuador, o Perú e Bolivia. Polistes versicolor kaieteurensis habita en Güiana e o Brasil (Roraima). Polistes versicolor versicolor esténdese desde Costa Rica até o Brasil.
Bioloxía Polistes versicolor é unha avespa eusocial. O seu niño, feito de fibras vexetais mastigadas, é normalmente dun único favo descuberto unido ao substrato por un só pecíolo.Torres, R. F.; V. O. Torres, Y. R. Suárez & W. F. Antonialli-Junior (2014): "Effect of the Habitat Alteration by Human Activity on Colony Productivity of the Social Wasp Polistes versicolor (Olivier) (Hymenoptera: Vespidae)". Sociobiology 61 (1): 100-106. Esta avespa atópase frecuentemente en zonas urbanas. Os novos niños e colonias adoitan seren fundados por unha asociación de femias, ás veces en edificios humanos.De Oliveira, Simone; Mariana De Castro & Fabio Prezoto. (2010): "Foundation Pattern, Productivity and Colony Success of the Paper Wasp, Polistes versicolor." The Journal of Insect Science 10 (125). O ciclo da colonia de P. versicolor oscila entre os 3 e os 10 meses, aínda que non parece haber ningunha relación entre o desenvolvemento da colonia e a estación do ano. Aínda que estas avespas teñen claros ciclos anuais de colonia, moitas raíñas novas teñen a oportunidade de hibernar. As xerarquías de dominio dentro destas agregacións caracterízanse pola agresión física das femias dominantes cara ás femias asociadas, que tenden a ser irmás.González, J. A.; F. S. Nascimento & S. F. Gayubo (2002): "Observations on the Winter Aggregates of Two Polistine Paper Wasps (Hymenoptera Vespidae Polistinae)." Tropical Zoology 15 (1): 1-4. Os movementos tamén se usan a miúdo como forma de comunicación dentro da colonia.Esch, Harald (1971): "Wagging Movements in the Wasp Polistes versicolor vulgaris Bequaert". Zeitschrift für vergleichende Physiologie 72 (3): 221-225. P. versicolor é xeralmente depredadora, e captura unha ampla gama de insectos, aínda que a miúdo tamén se alimenta de pole e néctar.Kohler, Andreas (2008): "Floral Preferences of the Polistine Wasp Polistes versicolor versicolor Olivier, 1792 (Hymenoptera: Vespidae: Plostinae, Polistini) in Santa Cruz Do Sul, Southern Brazil". Biociencias 16 (2). Polo tanto, P. versicolor pode ser útil como polinizadora ou como controladora efectiva de pragas.Prezoto, Fábio; Helba H. Santos-Prezoto, Vera L. Machado & José C. Zanuncio (2006): "Prey Captured and Used in Polistes versicolor (Olivier) (Hymenoptera: Vespidae) Nourishment". Neotropical Entomology 35 (5): 707-709.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82. Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3. Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0. Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9. Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0. O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5. Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548. Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.
Outros artigos Himenópteros Apócritos Vespoideos Véspidos Vespinos Polistes
Categoría:Vespidae Categoría:Polinizadores Categoría:Insectos de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1791