Cometa descuberto en 2014, aproximándose dende máis aló dos límites do Sistema Solar, dende a nube de Oort, polo extremo sur do mesmo. En 2021 confirmouse o ser cometa ó descubrírselle unha pequena coma ó entrar en actividade o cometa pola súa aproximación ó Sol. De calquera xeito, o perihelio, que está previsto para 2031, será máis aló de Saturno, a máis de 3 billóns de km, non sendo visible a ollo nu. Tras atravesar o plano da eclíptica, desaparecerá pola zona norte do noso Sistema solar.

As estimacións do núcleo, duns 100 km de diámetro, fan que sexa moito maior que o segundo cometa en tamaño, o Hale-Bopp.alt=Camiño que seguirá no ceo.|miniatura|Camiño que seguirá no ceo.|centro Notas

Categoría:Cometas