Venres 13, segunda parte (en ) é un filme estadounidense de 1981 producido e dirixido por Steve Miner. É a sucuela do filme de 1980 Friday the 13th, e o segundo título da franquía cinematográfica. Adrienne King, Betsy Palmer e Walt Gorney retoman os seus papeis do filme orixinal. Amy Steel e John Furey son os protagonistas. A historia ten lugar cinco anos despois dos eventos do primeiro filme, cun acosador descoñecido matando un grupo de conselleiros de campamento preto de Crystal Lake. O filme marca o debut do personaxe de Jason Voorhees como o principal antagonista da serie.

Orixinalmente, Venres 13, segunda parte ía ser un filme antolóxico baseado na superstición do "venres 13". Porén, logo da popularidade do final sorpresa do filme orixinal, os cineastas optaron por continuar a historia e a mitoloxía que rodeaban Camp Crystal Lake, unha tendencia que se repetiría en todas os filmes da franquía.

Estreouse en galego o 29 de abril de 1991 a través da TVG.La Voz de Galicia, 29 de abril de 1991. Páx. 78

Personaxes

Amy Steel como Ginny Field John Furey como Paul Holt Adrienne King como Alice Hardy Steve Daskewisz como Jason Voorhees Warrington Gillette como Jason Voorhees (sen máscara) Stu Charno como Ted Bowen Lauren-Marie Taylor como Vickie Perry Marta Kober como Sandra Dier Tom McBride como Mark Jarvis Bill Randolph como Jeff Dunsberry Kirsten Baker como Terry McCarthy Russell Todd como Scott Cheney Walt Gorney como Crazy Ralph Betsy Palmer como Pamela Voorhees Jack Marks como Deputy Winslow Cliff Cudney como Max

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1981 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Steve Miner Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1979 Categoría:Filmes ambientados en 1984 Categoría:Filmes ambientados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados en Connecticut Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1981 con versión en galego