Pedro Feijoo López foi un político galego.
Traxectoria Foi nomeado alcalde de Monforte de Lemos por Real Orde en setembro de 1904.El Norte de Galicia, 26-9-1904, p. 2. Permaneceu no cargo ata 1908, cando o deixou ao ser elixido deputado provincial por Monforte-Quiroga. Chegou a ser vicepresidente da Deputación de Lugo en 1922. Foi elixido presidente do Bloque Nacional de Monforte en decembro de 1935.Alborada, 24-12-1935, p. 1.
Vida persoal Casou con Ubalda García Fernández, filla de Emilio García Rodríguez, e foi pai de Pedro Feijoo García, María Isabel Feijoo García, que casou en Ourense con Cesáreo Rey Baltar en 1922,La Voz de la Verdad, 3-10-1922, p. 1. e María Dolores Feijoo García, que casou no pazo de Pallares con Ernesto Baltar Santaló o 19 de marzo de 1939.La Región, 19-3-1939, p. 3.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes del siglo XX en Monforte, (1900-1909)
Categoría:Alcaldes de Monforte de Lemos
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes