O torneo de fútbol feminino nos Xogos Olímpicos de 2020 celebrouse do 21 de xullo ao 6 de agosto de 2021. Orixinalmente, ía ter lugar do 22 de xullo ao 7 de agosto de 2020 pero os os Xogos Olímpicos de 2020 pospuxéronse ao ano seguinte debido á pandemia de COVID-19. Con todo, o nome oficial dos xogos continuou a ser os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020. Foi a sétima edición do torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos. Xunto coa competición masculina, o torneo de fútbol dos Xogos Olímpicos 2020 celebrouse en sete estadios de seis cidades do Xapón, incluída a cidade anfitrioa olímpica Tokyo que acolleu o partido pola medalla de ouro feminina no Estadio Nacional. Non houbo restricións de idade para os equipos que participan na competición.
Alemaña, a defensora do título, non conseguiu clasificarse para o torneo despois de ser eliminada nos cuartos de final da Mundial Feminino de Fútbol de 2019.
O Canadá gañou a súa primeira medalla de ouro tras derrotar a Suecia por 3–2 na quenda de penaltis despois de que ambos equipos empatasen 1–1 ao termo do tempo extra na final. Os Estados Unidos conseguiu lograr a medalla de bronce tras vencer a Australia por 4–3 no partido polo terceiro posto.
Calendario
Mér 21 Xov 22 Ven 23 Sáb 24 Dom 25 Lun 26 Mar 27 Mér 28 Xov 29 Ven 30 Sáb 31 Dom 1 Lun 2 Mar 3 Mér 4 Xov 5 Ven 6G G G ¼ ½ B F
Sedes Utilizáronse sete estadios en seis cidades na competición. O partido pola medalla de ouro íase disputar inicialmente no Estadio Olímpico de Tokyo. Con todo, ambos os dous finalistas concordaron en adiar o partido pola excesiva calor; como o Estadio Nacional xa estaba reservado para os eventos de atletismo, o encontro tívose que trasladar ao Estadio Internacional en Iocoama. YokohamaTokyo Fútbol nos Xogos Olímpicos do Xapón 2020 Estadio Internacional Estadio Olímpico Ajinomoto Stadium Capacidade: 70.000 Capacidade: 80.016 Capacidade: 48.000 220px 200px 200px Rifu Sapporo Saitama Kashima Miyagi Stadium Sapporo Dome Saitama Stadium 2002 Kashima Stadium Capacidade: 48.000 Capacidade: 42.000 Capacidade: 62.000 Capacidade: 42.000 200px 200px 200px
Debido á pandemia de COVID-19 no Xapón, a maioría dos partidos foron xogados a porta pechada sen espectadores. Con todo, o Miyagi Stadium permitiu acudir aos encontros a unha audiencia moi limitada.
Equipos participantes
Ademais da nación anfitrioa do Xapón, clasificáronse 11 equipos nacionas femininos de seis confederaciones continentais diferentes. O Comité Organizador das Competencias da FIFA ratificou a distribución de equipos en reunión o 14 de setembro de 2017.
Por primeira vez, grazas ao acordo entre as catro asociacións de fútbol británicas (Inglaterra, Irlanda do Norte, Escocia e Gales) para a selección feminina, Gran Bretaña intentou clasificarse para os Xogos Olímpicos a través da actuación de Inglaterra no Mundial Feminino da FIFA 2019 (un procedemento xa empregado con éxito polo Comité Olímpico do Reino Unido en hóckey sobre herba e rugby). A única aparición previa do equipo foi no torneo de 2012 no que se clasificaron automaticamente como anfitrións. Gran Bretaña conseguiu a clasificación xa que Inglaterra estaba entre os tres mellores equipos europeos. Escocia tamén se clasificou para o Mundial pero, segundo o acordo, foi a nación mellor clasificada a que acabou sendo nomeada para competir para os efectos de clasificación olímpica, sen ter en conta o seu rendemento (as xogadoras escocesas, galesas e irlandesas do norte son elixibles para formar parte do equipo de Gran Bretaña nos Xogos Olímpicos).
Forma de clasificaciónDatasSede(s)CotaClasificadosPaís anfitrión1Copa América 20184 – 22 de abril de 20181Campionato Feminino da OFC 201818 de novembro – 1 de decembro de 20181 Mundial Feminino de Fútbol de 20197 de xuño – 7 de xullo de 20193Preolímpico Feminino da CONCACAF de 202028 de xaneiro – 9 de febreiro de 20202Torneo Preolímpico Feminino da CAF de 20205 – 10 de marzo de 20201Torneo Preolímpico Feminino da AFC 20206 – 11 de marzo de 2020 e 8 – 13 de abril de 20212Playoff CAF–CONMEBOL10 – 13 de abril de 20211Total 12
- As datas e sedes son os dos torneos finais (ou rolda final de torneos de cualificación), varias etapas de cualificación poden preceder partidos nestes lugares específicos.
Convocatorias
O torneo foi un torneo internacional completo sen restricións de idade. Tradicionalmente a normativa de convocatoria obrigaba a cada equipo a presentar un cadro de 18 xogadoras, dos cales dous debían ser gardametas. Cada equipo tamén nomeaba unha lista de catro xogadoras alternativas que podían substituír a calquera xogadora en caso de mancadura durante o torneo. A finais de xuño de 2021, o Comité Olímpico Internacional e a FIFA anunciaron que as 22 xogadoras de cada equipo estarían dispoñibles para ser seleccionadas. Antes de cada encontro, os equipos escolleron, entre o seu total de 22 xogadoras, a 18 para xogar nese partido en concreto, desbotando 4 delas. O cambio de regra realizouse debido aos obstáculos presentados pola pandemia de COVID-19.
Árbitros En xuño de 2020, a FIFA aprobou o uso do Video Assistant Referee (VAR) para o torneo. As árbitras oficiais dos encontros foron anunciadas o 23 de abril de 2021.
ConfederaciónÁrbitro AsistentesAFC Kate Jacewicz Kim Kyong-min Lee Seul-gi Yoshimi Yamashita Makoto Bozono Naomi TeshirogiCAF Salima Mukansanga Bernadettar Kwimbira Mary NjorgeCONCACAF Melissa Borjas Shirley Perello Chantal Boudreau Lucila Venegas Enedina Caudillo Mayte ChávezCONMEBOL Edina Alves Neuza Back Mónica Amboya Laura Fortunato Mariana De Almeida Mary BlancoUEFA Stéphanie Frappart Manuela Nicolosi Michelle O'Neill Kateryna Monzul Maryna Striletska Sanja Rodak Anastasia Pustovoitova Ekaterina Kurochkina Lucie Ratajova Esther Staubli Susanne Küng Katrin Rafalski
+ Cuartos árbitros Confederación Árbitro CAF Ndidi Patience Madu Maria Rivet
ConfederaciónÁrbitro Asistente de VídeoAFC Abdulla Al-Marri Muhammad Bin Jahari Fu MingCAF Mahmoud Mohamed Ashour Adil ZourakCONCACAF Edvin Jurisevic Chris Penso Erick MirandaCONMEBOL Andrés Cunha Nicolás Gallo Wagner Reway Mauro ViglianoUEFA Abdulkadir Bitigen Guillermo Cuadra Fernández Marco Guida Tiago Martins Benoît Millot Paweł Raczkowski Roi Reinshreiber Bibiana Steinhaus
Sorteo O sorteo para o torneo celebrouse o 21 de abril de 2021 ás 10:00 CEST (UTC +2), na sede da FIFA en Zürich, Suíza. Presentouno Sarai Bareman, directora de fútbol feminino da FIFA, mentres que Samantha Johnson presentou a cerimonia. Lindsay Tarpley e Ryan Nelsen actuaron como asistentes.
Os doce equipos foron colocados en tres grupos de catro equipos. O anfitrión Xapón foi automaticamente seleccionado no bombo 1 e asignado na posición E1, mentres que os restantes equipos foron asignados nos seus respectivos bombos en función da súa posición na clasificación mundial femenina da FIFA anunciada o 16 de abril de 2021 (móstrase entre parénteses na táboa). Como Gran Bretaña non é membro da FIFA e, polo tanto, non teñen posición en devandita clasificación, foron asignados segundo a clasificación FIFA da Inglaterra que se clasificou en nome de Gran Bretaña. Ningún grupo pode conter máis dun equipo de cada confederación.
Bombo 1 Bombo 2 Bombo 3 Bombo 4 (11) (1) (3) (5) (6) (7) (8) (9) (14) (22) (37) (104)
Resultados
Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.
Regulamento de clasificación Os dous primeiros equipos clasifícanse á segunda fase. A posición determínase como segue: Puntos obtidos en todos os partidos do grupo; Diferenza de goles en todos os partidos do grupo; Goles a favor en todos os partidos do grupo; Se dous ou máis equipos están igualados sobre a base dos tres criterios anteriores, a súa posición resólvese do seguinte xeito: puntos obtidos entre os equipos igualados; Diferenza de gol entre os equipos igualados; Goles a favor entre os equipos igualados; Puntos de fair play en todos os partidos do grupo (só se pode aplicar unha dedución a un xogador nun único partido): Sorteo polo comité da FIFA.
Fase de grupos Os países competidores dividíronse en tres grupos de catro equipos, denominados grupos E, F e G para evitar confusións cos grupos do torneo masculino (que utilizan a designación de A a D). Os equipos de cada grupo xogaron entre si nun sistema de todos contra todos cos dous primeiros equipos de cada grupo e os dous mellores terceiros clasificándose aos cuartos de final.
– Clasificado para os Cuartos de Final.
– Clasificado para os Cuartos de Final como un dos dous mellores terceiros.
Grupo E
Pos.SelecciónPtsPXPGPEPPGFGCDif17321041+325312043+134311122040300315−4
Grupo F
Pos.SelecciónPtsPXPGPEPPGFGCDif173210218+1327321093+6313012715-8413012617−11
Grupo G
Pos.SelecciónPtsPXPGPEPPGFGCDif19330092+724311164+234311145-1403003210−8
Mellores terceiros Pos.SelecciónGr.Pts.PXPGPEPPGFGCDif1E431112202G4311145-13F13012715−8 Fontes: COI e FIFA Regras de clasificación: 1) Puntos; 2) Diferenza de goles; 3) Goles a favor; 4) Puntos de fair play; 5) Sorteo do Comité.
Fase final
Na fase eliminatoria, se un partido estaba igualado ao final do tempo de xogo normal, xógabase un tempo extra (dous períodos de 15 minutos cada un) e deseguido, se fose necesario, unha quenda de penaltis para determinaren o gañador.
Cuartos de final
Semifinais
Partido pola medalla de bronce
Final
60px70pxCampión1.ª medalla de ouro
Estatísticas
Goleadoras En total houbo 101 goles marcados en 26 partidos, cunha media de 3.88 goles por partido. XogadoraSelección15px|GolesVivianne Miedema10Sam Kerr6Ellen White6Barbra Banda6Stina Blackstenius5Wang Shuang4Lieke Martens4Marta3Lineth Beerensteyn3Fridolina Rolfö3 Listaxe completaXogadoraSelección15px|GolesAndressa2Debinha2Janine Beckie2Jessie Fleming2Mina Tanaka2Victoria Pelova2Shanice van de Sanden2Lina Hurtig2Carli Lloyd2Megan Rapinoe2Caitlin Foord1Mary Fowler1Emily Gielnik1Alanna Kennedy1Tameka Yallop1Beatriz1Ludmila1Adriana Leon1Christine Sinclair1Karen Araya1Wang Shanshan1Wang Yanwen1Mana Iwabuchi1Dominique Janssen1Jill Roord1Betsy Hassett1Gabi Rennie1Anna Anvegård1Kosovare Asllani1Magdalena Eriksson1Madelen Janogy1Lindsey Horan1Rose Lavelle1Sam Mewis1Alex Morgan1Christen Press1Lynn Williams1Racheal Kundananji1
Autogoles
XogadoraSelecciónRival<span style="position:relative; right:-2px">10px|Autogol|link=AutogolNichelle Prince1C. J. Bott1Abby Erceg1
Clasificación final
Pos. Selección 20px 10 6 2 4 0 6 4 +2 % 20px 16 6 5 1 0 14 4 +10 % 20px 8 6 2 2 2 12 10 +2 %4 7 6 2 1 3 11 13 -2 %5 8 4 2 2 0 23 10 +13 %6 8 4 2 2 0 9 3 +6 %7 7 4 2 1 1 7 5 +2 %8 (H) 4 4 1 1 2 3 5 −2 %9 1 3 0 1 2 7 15 −8 %10 1 3 0 1 2 6 17 −11 %11 0 3 0 0 3 1 5 −4 %12 0 3 0 0 3 2 10 −8 % Fonte: COI (H) - Organizador
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020 Fútbol nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020 Torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020
Ligazóns externas Torneo Feminino de Fútbol Olímpico de Tokyo 2020 en FIFA.com
Categoría:Fútbol nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Fútbol feminino