Ikakogi tayrona é unha especie de ra da familia Centrolenidae. É endémica da Serra Nevada de Santa Marta, no departamento de Magdalena, en Colombia. É a única das ras de cristal coñecidas que amosa coidado maternal (nas outras especies de ras de cristal o coidado parental é paterno se acaso).

Descrición Os machos roldan os 28,2 - 30,6 mm, e as femias 28,2 - 30,8 mm de longo. A cabeza é grande e ancha, co fociño que redondeado cando se ve dorsalmente, mais inclinado e truncado cando se ve lateralmente. A cor é de verde a verde pálida e a pel dorsal é granular. Os machos teñen unha grande espiña humeral.

Notas

Categoría:Fauna endémica de Colombia Categoría:Anfibios de Colombia Categoría:Animais descritos en 1991