Alberto Datas Panero, nado na Coruña o 27 de febreiro de 1935 e finado en Madrid o 11 de decembro de 2007,Ficha de Alberto Datas en Afundación foi un pintor galego.
Traxectoria Cando era neno sufriu un accidente de bicicleta, que xunto coa tuberculose fixo que tivese que pasar unha tempada na cama. Aí comezou a facer debuxos de cadros de grandes pintores.
Estudou na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal e despois na Escola de San Fernando de Madrid, onde coñeceu a súa esposa, a artista Estrella Medina. En 1961 conseguiu unha bolsa para estudar en Venecia con Bruno Saetti. Entre 1965 e 1968 estudou en RomaNecrolóxica e en 1969 realizou a súa primeira exposición individual.
Estivo vencellado á Xeración Atlántica.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Marisa Marimón Galegos
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI