Bonnie Lynn Raitt (|reɪt|), nada en Burbank (California) o 8 de novembro de 1949, é unha cantante de blues, guitarrista, compositora e activista estadounidense.
Durante a década de 1970, Raitt publicou unha serie de álbums que incorporaban elementos de blues, rock, folk e country. Tamén tocou e colaborou habitualmente con outros artistas, como Warren Zevon, Little Feat, Jackson Browne, The Pointer Sisters, John Prine e Leon Russell. En 1989, tras varios anos de boas críticas mais pouco éxito comercial, triunfou co álbum Nick of Time. Os seus seguintes dous discos, Luck of the Draw (1991) e Longing in Their Hearts (1994), tiveron vendas millonarias, xerando varios sinxelos, incluídos "Something to Talk About", "Love Sneakin' Up On You" e a balada "I Can't Make You Love Me" (con Bruce Hornsby no piano).
Raitt recibiu dez premios Grammy. Foi situada no posto 50 na listaxe de Rolling Stone dos "100 Grandes Cantantes da Historia" e no número 69 da listaxe dos "100 Grandes Guitarristas da Historia". O artista australiano de música country Graeme Connors dixo "Bonnie Raitt hace algo cunha letra que ninguén máis pode facer; dóbraa e retórcea directa ao teu corazón".
Discografía
1971: Bonnie Raitt 1972: Give It Up 1973: Takin' My Time 1974: Streetlights 1975: Home Plate 1977: Sweet Forgiveness 1979: The Glow 1982: Green Light 1986: Nine Lives 1989: Nick of Time 1991: Luck of the Draw 1994: Longing in Their Hearts 1998: Fundamental 2002: Silver Lining 2005: Souls Alike 2012: Slipstream 2016: Dig in Deep
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial Fansite: Bonnie's Pride and Joy
Categoría:Nados en Burbank Categoría:Nados en 1949 Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa Categoría:Paseo da Fama de Hollywood