O Kitāb Rūŷar ou Libro de Roxerio (en ; Nuzhat al-mushtāq fi'khtirāq al-āfāq, lit. "O libro de agradables viaxes a terras afastadas"), a miúdo coñecido como Tabula Rogeriana (en latín), é unha obra xeográfica na que se fai unha descrición do mundo, e que incorpora un mapamundi. Foi realizada en 1154 polo xeógrafo e cartógrafo almorábide Muhammad al-Idrisí,Al-Idrîsî géographe . a petición de Roxerio II de Sicilia, rei normando de Sicilia.

Historia Al-Idrisí traballou nos comentarios e ilustracións do mapa durante quince anos na corte do rei Roxerio II de Sicilia, que lle encargara a obra ao redor de 1138.

Foi o mapa máis preciso do mundo durante os seguintes tres séculos.

Contidos Baseada nas obras clásicas, consta, ao igual que aquelas, de tres partes: Na primeira, seguindo a Geographia de Ptolomeo, descríbese a forma e as dimensións da Terra. A segunda parte céntrase nas divisións do planeta; para iso segue dous modelos, no primeiro divide o mundo en sete franxas paralelas ao ecuador, seguindo a tradición grega de división en grandes zonas climáticas, no segundo modelo, en cambio, segue a tradición islámica, dividindo en dez seccións contando desde Occidente a Oriente. Por último, na terceira parte, preséntanse diferentes territorios a través de itinerarios. Nos lugares máis importantes, segue a tradición corográfica de destacar os aspectos máis relevantes da súa historia, lugar físico, etc.

A cartografía asociada ao libro denomínase Tabula Rogeriana.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Libros de xeografía Categoría:Século XII Categoría:Reino de Sicilia Categoría:Mapas