Sabino Jurado, finado en Tui o 7 de abril de 1916, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Comerciante de Tui. Foi vicepresidente da delegación da Cámara de Comercio de Vigo en Tui en 1899.La Correspondencia Gallega, 21-2-1899, p. 3. Concelleiro de Tui, foi primeiro tenente alcalde en 1907.El Miño, 28-6-1907, p. 1. Nas eleccións municipais de decembro de 1909 foi elixido concelleiro polo artigo 29.Galicia Nueva, 14-12-1909, p. 1. Foi alcalde de Tui en 1909. Volveu ser elixido alcalde de Tui en xaneiro de 1912.El Progreso, 3-1-1912, p. 1. Permaneceu no posto até 1913. Finou en Tui o 7 de abril de 1916.La Correspondencia Gallega, 9-4-1916, p. 1. Vida persoal
Casou con María Romero Vindade e foi pai de Ignacio, Alvaro, Sabino e José Jurado Romero. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1916 Categoría:Nados en ano descoñecido