Castieḷḷo é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. Atópase na zona centrooccidental do concello, ten unha extensión de 11,51 km² e linda ao norte e ao oeste coa parroquia de La Pola, ao sur coa de Campumanes, ao sueste coa de Felgueras e ao leste coa de Columbieḷḷo. Ten unha poboación de 407 habitantes segundo o INE de 2010, que se reparten entre os lugares de Ablano, La Casería, El Casitu, El Coveyu, Corravieya, La Cueva, Mamorana, Otero, La Rasa Riba, Ronzón, Sorribas, La Vega'l Ciigu e La Vega'l Rei.
O nome da parroquia fai referencia ao lugar onde se atopan a igrexa parroquial, adicada a Santa María, e o camposanto.
Demografía
Notas
Véxase tamén
Bibliografía VV.AA., Diccionario geográfico de Asturias. Oviedo, Editorial Prensa Asturiana, 2000.
Categoría:Parroquias de Ḷḷena