Sabine Schultz, nada en Berlín o 1 de maio de 1937 e finada o 31 de decembro de 2021, foi unha numismática alemá especializada na moeda da Antiga Grecia."Schultz, Sabine". En Kluge, B. (2004). Páxina 106.
Traxectoria Schultz doutorouse en 1969 na Universidade de Halle-Wittenberg, cunha tese acerca das Cuñaxes de Magnesia do Meandro durante o Imperio Romano, publicada posteriormente en 1975.
Entre 1964 e 1992 traballou como axudante de investigación no Gabinete Numismático de Berlín (Münzkabinett Berlin) e nesta institución foi a responsable da colección de moeda grega.
Sabine Schultz está casada co tamén numismático Hans Dietrich Schultz, tamén vinculado ao Münzkabinett, con quen organizou en 1983 a exposición permanente de moeda antiga do Museo de Pérgamo, en Berlín.
Recoñecementos (1999): Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá (ex aequo con Hans Dietrich Schultz)."Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft."Eligiuspreisträger 1996-2005". Deutsche Numismatische Gesellschaft.Overbeck, B. (1999).
Publicacións Estes son algúns dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Sabine Schultz:"Schultz, Sabine". WorldCat Identities."Sabine Schultz". Deutschen Nationalbibliothek.
(1972). Griechische Münzen der klassischen Zeit. 48 Bildtafeln (con P. S. Fox). Insel-Verlag Anton Kippenberg, Leipzig. (1974). Die Münzprägung in Ägypten seit Alexander dem Großen. Ptolemäische Münzen in der Ausstellung des Ägyptischen Museums (Bode-Museum). Münzkabinett, Berlín. (1975). Die Münzprägung von Magnesia am Mäander in der römischen Kaiserzeit. Olms Verlag. ISBN 9783487057507 (1977). Byzantinische Münzen in der Frühchristlich-Byzantinischen Sammlung im Bode-Museum. Münzkabinett, Berlín. (1984). Antike Münzen. Griechische Prägung. Staatliche Museen zu Berlin, Berlín. (1993). Sammlung der Universitätsbibliothek Leipzig. I: Autonome Griechische Münzen (Sylloge Nummorum Graecorum. Deutschland). Hirmer, Múnic. ISBN 9783777460000 (2002). The Royal Collection of Coins and Medals, Danish National Museum. Supplement. Acquisitions 1942-1996 (Sylloge nummorum Graecorum) (con J. Zahle, eds.). Munksgaard, Copenhague. ISBN 9788789384801
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kluge, B. (2004). Das Münzkabinett - Museum und Wissenschaftsinstitut. Münzkabinett. Berlín. ISBN 978-3886094943 Overbeck, B. (1999). "Eligius-Preisträger 1999: Sabine und Hans-Dietrich Schulz". En Numismatisches Nachrichtenblatt, 48. Deutschen Numismatischen Gesellschaft. Páxina 560.
Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co Eligiuspreis Categoría:Persoas relacionadas co Gabinete Numismático de Berlín Categoría:Alumnos da Universidade de Halle-Wittenberg Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 2021