O Niners Chemnitz e.V., anteriomente coñecido como BV Chemnitz 99, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Chemnitz, Saxonia. Fundado en 1999, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus partidos como local no Chemnitz Arena, pavillón con capacidade para 5 200 espectadores.
Historia O club foi fundado no ano 1999 co nome de "BV Chemnitz 99", xurdindo da fusión do BG Chemnitz e do Lok Chemnitz. No ano 2001, o Chemnitz 99 comezou a cooperar coa Universidade Politécnica de Chemnitz (en alemán: Technische Universität Chemnitz), polo cal o club engadiu ao seu nome as siglas "TU", pasando o equipo masculino a denominarse BV TU Chemnitz 99 e o feminino Chemcats Chemnitz. No caso do equipo masculino, recibiu o alcume de Niners (do inglés: Noves) debido ao ano de fundación do equipo. Após varios anos na segunda categoría do baloncesto xermano, a ProA, no ano 2015 chega ao equipo o adestrador Rodrigo Pastore, o que levou ao equipo a finalizar regularmente entre os primeiros postos da táboa de clasificación. No ano 2017 o club adoptou o seu alcume como nome oficial, pasando a denominarse "Niners Chemnitz". Na temporada 2019−20, marcada pola pandemia de COVID-19, o equipo consegue o por vez primeira ascenso á máxima categoría do baloncesto alemán, a Basketball Bundesliga.
Temporadas AnoNivelLigaOutras competicións 2010–11 2 ProA 3º– 2011–12 2 ProA 5º– 2012–13 2 ProA 10º– 2013–14 2 ProA 11º– 2014–15 2 ProA 13º– 2015–16 2 ProA 7º– 2016–17 2 ProA 3º– 2017–18 2 ProA 11º– 2018–19 2 ProA 3º– 2019–20 2 ProA1º– 2020–21 1 BBL 14º–
Xogadores thumb|180px|Takumi Ishizaki. Destacados Oliver Braun Andreas Worenz Siarhei Charykau Alexander Zsykunsov Jacob Parker Dustin Pfeifer Hugh Robertson Bradley Tinsley Mirko Virijevic Andrzej Mazurczak Igor Pletnev Takumi Ishizaki
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Páxina do equipo en Eurobasket.com
Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña