O Riesen Ludwigsburg (do alemán: Xigantes de Ludwigsburg), coñecido por motivos de patrocinio como MHP Riesen Ludwigsburg, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Ludwigsburg, Saxonia. Fundado en 1960, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus partidos como local no MHPArena, pavillón con capacidade para 5 325 espectadores.
Historia O Riesen Ludwigsburg foi fundado en 1960 como a sección de baloncesto do club polideportivo DJK Ludwigsburg. Na temporada 1979–80, o equipo ascendeu por vez primeira á máxima categoría, a Basketball Bundesliga. Entre 1970 e 1987, o club foi coñecido como SpVgg 07, xa que formaba parte do club polideportivo SpVgg Ludwigsburg. En 1987, o equipo separouse de SpVgg e pasou a chamarse BSG Basket Ludwigsburg. En 2008, o Ludwigsburg chegou á final da Copa de Alemaña por primeira vez, mais perdeu contra os Artland Dragons por 60-74.
Na temporada 2016–17, o Ludwigsburg participou na temporada inaugural da Basketball Champions League (BCL), onde foi eliminado por tan só no conxunto da eliminatoria dos cuartos de final polo Banvit turco. Esta campaña marcou a mellor actuación europea do equipo na súa historia, xa que era a primeira vez que chegaban aos play-offs dunha competición europea. Na temporada 2017-18, o Ludwigsburg mellorou esa actuación ao chegaren á Final Four da BCL. O equipo conseguira eliminar ao Oldenburg en oitavos de final (162−149) e ao medi Bayreuth en cuartos (170−163). Con todo, o Ludwigsburg perdeu en semifinais contra o AS Monaco por 65−87. No xogo polo terceiro posto o equipo perdeu por 74−85 ante o UCAM Murcia. O 19 de xullo de 2019, David McCray, que estaba no club desde 2015, anunciou a súa retirada, sendo o seu número 4 o primeiro dorsal retirado na historia do club. A temporada 2019-20 alterouse debido á pandemia de COVID-19 e, nun torneo final a porta pechada en Múnic, o Ludwigsburg alcanzou a súa primeira final da liga alemá, aínda que perderon ante o Alba Berlin en dous partidos.
Patrocinadores Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
DJK Ludwigsburg (1960–1970) SpVgg 07 Ludwigsburg (1970–1987) BG Ludwigsburg (1987) BSG Basket Ludwigsburg (1987–2012) EnBW Ludwigsburg (2012) Neckar Riesen Ludwigsburg (2012–2014) MHP Riesen Ludwigsburg (2014–presente)
Temporadas AnoNivelLigaCopaEuropa1985–862 2. BBL1º1986–871 Bundesliga10º1987–881 Bundesliga8º1988–891 Bundesliga6º1989–901 Bundesliga7º 3 Copa Korać 1990–911 Bundesliga7º 3 Copa Korać 1991–921 Bundesliga 3 Copa Korać 1992–931 Bundesliga 3 Copa Korać 1993–941 Bundesliga 3 Copa Korać 1994–951 Bundesliga1995–961 Bundesliga12th1996–971 Bundesliga14º1997–982 2. BBL5º1998–992 2. BBL2º1999–003 Regionalliga1º2000–012 2. BBL2001–022 2. BBL2002–031 Bundesliga12º2003–041 Bundesliga13º2004–051 Bundesliga8º Terceiros2005–061 Bundesliga6º2006–071 Bundesliga2º Terceiros2007–081 Bundesliga13ºSubcampións 2 ULEB Cup 2008–091 Bundesliga11º2009–101 Bundesliga11º2010–111 Bundesliga9º2011–121 Bundesliga16º2012–131 Bundesliga17º2013–141 Bundesliga8º2014–151 Bundesliga8º2015–161 Bundesliga6º 2 Eurocup 2016–171 Bundesliga8º Semifinalista 3 Champions League 2017–181 Bundesliga 3º Rolda de clasificación 3 Champions League 4º2018–191 Bundesliga10º Oitavos de final 3 Champions League 2019–201 Bundesliga2º Oitavos de final2020–211 Bundesliga 3º Fase de grupos
Xogadores Destacados
Karim Jallow Markus Jochum Bertram Koch Konstantin Konga Jens Kujawa Zeddie Locke Goran Kalamiza Mark Montgomery Mike King Walter Palmer Peter Schomers Jerry Green Jon Brockman Coby Karl D. J. Kennedy Marcos Knight Royce O'Neale Mustafa Shakur Jaleen Smith Michael Stockton Andrius Giedraitis Donatas Zavackas Povilas Čukinas Matthew Bryan-Amaning Takumi Ishizaki
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Páxina do equipo en Eurobasket.com
Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña