Associated Press (AP) é unha axencia de noticias estadounidense sen ánimo de lucro con sede en Nova York. Fundada en 1846, opera como unha asociación cooperativa e non incorporada. Os seus membros son xornais e emisores estadounidenses. As noticias de AP que distribúe aos seus membros e clientes prodúcense en inglés, castelán e árabe. AP obtivo 54 premios Pulitzer, incluídos 32 por fotografías, dende que se creou o premio en 1917.

AP rastrexa o número de votos nas eleccións dos Estados Unidos desde 1848, incluíndo eleccións nacionais, estatais e locais ata o nivel lexislativo nos 50 estados.

En 2016, as novas recollidas por AP foron publicadas e reeditadas por máis de 1300 xornais e emisoras. AP posúa 248 oficinas de noticias en 99 países. Tamén opera a rede de radio AP, que ofrece informativos dúas veces cada hora para emisoras de radio e televisión por satélite. Moitos xornais e emisores fóra dos Estados Unidos son subscritores de AP, pagando unha taxa por usar o material da axencia sen seren membros da cooperativa. Como parte do seu acordo de cooperación con AP, a maioría das organizacións de noticias membros conceden permiso automático a AP para distribuír as súas noticias locais. AP empregaba tradicionalmente a fórmula da "pirámide invertida" para escribir, un método que permite aos medios de comunicación editar unha historia para axustala á súa área de publicación dispoñible sen perder o esencial dela, aínda que en 2007, o entón presidente de AP, Tom Curley, cualificou a práctica como "morta".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Silberstein-Loeb, Jonathan. The International Distribution of News: The Associated Press, Press Association, and Reuters, 1848–1947 (2014) Ligazóns externas AP News AP Images AP Stylebook AP Archive

AP Fact Check

Categoría:Axencias de noticias