miniatura|O detective Sherlock Holmes examina as botas dun sospeitoso nunha ilustración para o relato de 1891 "The Boscombe Valley Mystery"|250x250px A ficción detectivesca ou ficción con detectives (en inglés detective fiction) é un subxénero da novela negra e da ficción de misterio e de suspense, en que un investigador, a miúdo un detective profesional ou afeccionado, integrante ou nos das forzas oficiais, investiga un determinado delito.

Historia Literatura antiga Algúns estudosos suxeriron que certos textos antigos teñen semellanzas co que máis tarde se coñeceu como ficción detectivesca ou literatura de misterio. No Antigo Testamento, a historia de Susana e os anciáns (Daniel 13,Libro de Daniel na Biblia protestante, esta historia considérase entre os apócrifosCírculos Teológicos, Biblia: Libros que no están en las Biblias Protestantes'), está relatada por dúas testemuñas mentres Daniel os interroga. Julian Symons respondeu os escritores e investigadores que ven este tipo de pasaxes como un embrión de novela policial, argumentando que "os que buscan fragmentos e indicios deste xénero na Biblia ou nas obras de Heródoto, só buscan pezas dun crebacabezas sen unha visión de conxunto", e estas pezas desconexas non forman verdadeiras historias detectivescas.John Scaggs, Crime Fiction (The New Critical Idiom), (2005), Routledge, p. 8, ISBN 978-0415318259.

Non obstante, ese enfoque non é compartido por todos os estudosos.Opinións de estudosos Por exemplo, na obra Edipo rei (contra 430 a.C.) do dramaturgo grego Sófocles, o protagonista descobre a verdade sobre as súas orixes despois de interrogar varias testemuñas, e aínda que a investigación de Edipo basáse en métodos sobrenaturais ou máxicos, esta narrativa ten "todas as principais características e os elementos formais da novela detectivesca, incluíndo un misterio que rodea un asasinato, así como un círculo pechado de sospeitosos, e o descubrimento gradual dun pasado ocultado".John Scaggs, Crime Fiction (The New Critical Idiom) (2005) Routledge, pp. 9-11, ISBN 978-0415318259.

No mundo árabe Un primeiro exemplo coñecido referente a unha historia de investigación detectivesca foi "As tres mazás", un conto narrado por Sherezade nas Mil e unha noites. Neste conto, un pescador descobre un caixón pesado e pechado no río Tigris e véndeo ao califa Harún al-Rashid, quen entón leva o caixón ao palacio. Ao abrilo atopa dentro o cadáver dunha moza cortado en pedazos. Harún ordena ao seu visir Ja'far ibn Yahya que solucione o crime e atope o asasino nos seguintes tres días, ameazándoo con executalo se falla na misión.David Pinault, Story-Telling Techniques in the Arabian Nights, (1992), Brill Publishers, pp. 86–91, ISBN 90-04-09530-6. O suspenso xérase por múltiples cambios na liña argumental segundo a historia progresa.David Pinault, Story-Telling Techniques in the Arabian Nights, (1992), Brill Publishers, pp. 93, 95, 97, ISBN 90-04-09530-6. Esta historia, polo seu esquema claro e simple, ben pode ser considerada un arquetipo das narracións de ficción detectivesca, a pesar de que non intervén ningún detective no sentido moderno do concepto.David Pinault, Story-Telling Techniques in the Arabian Nights, (1992), Brill Publishers, p. 91, ISBN 90-04-09530-6.

A principal diferenza entre Yafar en "As tres mazás" e os detectives de ficción que xurdiron máis adiante é que Yafar non ten ningún desexo real de resolver o caso. Esta antiga historia policial resolveuse cando o asasino confesou o crime.David Pinault, Story-Telling Techniques in the Arabian Nights, (1992), Brill Publishers, pp. 91–2, ISBN 90-04-09530-6.

A ficción detectivesca na China As historias Gong An, literalmente:"rexistros de casos nun tribunal de dereito público", correspóndense co xénero literario de ficción chinesa policial máis antigo do que se ten noticia. O heroe destas historias adoita ser un xuíz tradicional ou funcionario similar, baseado en personaxes históricas como o xuíz Bao ou o xuíz Di. Aínda que estas personalidades históricas puideron vivir nun tempo anterior (dinastía Song ou Tang), a maior parte das narracións escribíronse durante as dinastías Ming ou Qing.

Estas historias diferéncianse das da tradición occidental en varios aspectos, como sinala van Gulik: O detective é o maxistrado local, que polo xeral está implicado en varios casos simultaneamente. O criminal é presentado no principio mesmo da historia, e o seu crime e motivos tamén son explicados con coidado e detalle, constituíndo unha novela negra invertidaJosé F Colmeiro; La novela policíaca española: teoría e historia crítica; Editorial Anthropos, (1994), ISBN 84-7658-447-4."Geografía de la novela negra en 2012", El País Cultura, 31 de xaneiro de 2012La ciencia y la novela policiaca , (1988) máis que un crebacabezas; o interese radica na historia mesma, que pode servir de apoio didáctico ou para argumentacións ético-filosóficas, e non tanto no suspense xerado por unha presentación intelixente e rebuscada. Nas historias usualmente preséntase algún elemento sobrenatural, con fantasmas que informan á xente sobre unha morte, e aínda acusando ou identificando o criminal que cometeu o delito, ou informando sobre certas circunstancias relativas aos feitos. As narracións conteñen frecuentes digresións filosóficas e éticas así como textos completos de documentos oficiais, xerando unha historia longa e en certo sentido didáctica ou referencial. Estes casos documentados presentan un gran número de personaxes, nalgúns capítulos centos, e todo descrito en canto ás relacións deles cos actores principais na historia.

Robert van GulikRobert van Gulik escolleu traducir "Di Gong An" porque presentaba certas características máis achegadas á tradición occidental, o que probablemente xeraría narrativas máis amigables co lector non chinés.

Un feito salientable é que certo número das historias orixinais Gong An, pode que se perdesen ou se destruísen no período da inquisición literaria chinesa, ou durante as sucesivas guerras. Polo tanto, só puideron acharse un pequeno número dos correspondentes volumes, algúns deles incompletos, e frecuentemente rescatados das librarías de segunda man de Tokyo.

Establecemento da ficción detectivesca no mundo occidental esquerda|miniatura|Daguerrotipo de Edgar Allan Poe Un dos exemplos máis temperáns de ficción detectivesca bastante ben definida é Zadig,La destinada (historia oriental) de Voltaire (1748).Kenneth Silverman (1991), Edgar A. Poe: Mournful and Never-ending Remembrance, (Paperback ed.), Nova York, Harper Perennial, pp. 171, ISBN 0-06-092331-8A historia dinamarquesa Præsten i Vejlbye (en inglés The Rector of Veilbye, en galego O reitor de Vejlbye) escrita por Steen Steensen Blicher e publicada en 1829, e a novela norueguesa Mordet på Maskinbygger Rolfsen (en inglés The Murder of Engine Maker Rolfsen, en galego O asasinato do fabricante de motores Rolfsen) escrita por Maurits Hansen e publicado en 1839, son tamén outras creacións literarias de suspense policial.Maurits Hansen (1794–1842).

Das Fräulein von Scuderi, unha historia curta de 1819 escrita por Ernst Theodor Amadeus Hoffmann, en que Mlle Scudery establece a inocencia do sospeitoso favorito da policía no asasinato dun xoieiro, ás veces tamén se cita como un antecedente e como unha referencia que inspirou a Edgar Allan Poe cando escribiu Os crimes da rúa Morgue.Christopher Booker, The Seven Basic Plots, Continuum (2004), p. 507 miniatura|William Evans Burton nos anos 1850-1860 Como outra posible influencia sobre Poe en relación á ficción detectivesca tamén se suxeriu "The Secret Cell", conto publicado en setembro de 1837 e escrito por William Evans Burton, onde se presenta un policía londiniense que resolve o misterio do secuestro dunha rapaza. O detective creado por Burton confía en métodos prácticos (tenacidade e constancia, coñecemento da hampa, eficacia da vixilancia discreta, procura sistemática de indicios por descoido esquecidos polo delincuente) moito máis que no brillante poder dedutivo e de observación de quen rodea a investigación. Esta posibilidade de que Poe se inspirase nalgún sentido neste conto está avalada pola circunstancia de que o propio Poe traballou para Burton en 1839.Michael Sims, The Dead Witness: a connoisseur’s collection of Victorian detective stories, Bloomsbury (2011), pp. 2-3. Burton escribiu a historia para a súa propia publicación en Filadelfia, Gentleman’s Magazine, que baixo un diferente propietario foi algo máis tarde a revista en que Poe publicou Os crimes da rúa Morgue; pero ademais, durante uns meses en 1839, Poe traballou para Burton como o seu editor, e polo tanto é razoable pensar que neses meses ou un pouco máis tarde puidese ler a historia ou polo menos ter unha referencia dela.

Non obstante, polo xeral os estudosos e os críticos literarios opinan que a verdadeiras ficción detectivesca comezou no mundo de lingua inglesa en 1841 coa publicación do citado Os crimes da rúa Morgue,Los crímenes de la rue Morgue onde se presenta o primeiro detective ficticio cun perfil ben definido, excéntrico, lóxico, brillante e con boa cultura xeral, C. Auguste Dupin; con el, Edgar Allan PoeEdgar Allan PoeEdgar Allan Poe inventou unha fórmula para a trama que despois foi reiterada por moitos outros escritores con grande éxito.Carole Kismaric, Marvin Heiferman, The Mysterious Case of Nancy Drew & The Hardy Boys, Nova York: Simon & Shuster (1998), p. 56, ISBN 0-684-84689-6. Posteriormente, Poe continuou a escribir contos en que interviña a personaxe de Auguste Dupin: O misterio de Marie RogêtEl misterio de Marie Rogêt en 1843 e A carta roubadaLa carta sustraída en 1845.

Poe referiuse a estas historias como "Contos de raciocinio".Contos de raciocinioKenneth Silverman, Edgar A. Poe: Mournful and Never-ending Remembrance, Paperback ed., Nova York: Harper Perennial (1991), p. 171, ISBN 0-06-092331-8. Nese tipo de narracións, a preocupación primaria do argumento céntrase en descubrir a verdade, e o medio habitual de obtela en xeral é un proceso complexo e misterioso que combina intuición, lóxica, astucia e inferencia perspicaz: "As primeiras historias policíacas orientáronse a seguir o investigador-protagonista dende a primeira escena ata a última, construíndo unha trama crible e realista, tanto dende o punto de vista práctico como en materia emocional e humana"Orixinal en inglés: "Early detective stories tended to follow an investigating protagonist from the first scene to the last, making the unraveling a practical rather than emotional matter"

O misterio de Marie Rogêt (1842-1843) é particularmente interesante porque presenta unha descrición apenas novelada, sustentada na teoría de Poe relativa ao que realmente ocorreu na verdadeira vida de Mary Rogers.

Pola súa parte, Émile Gaboriau foi un pioneiro do xénero da ficción detectivesca en Francia. En Monsieur Lecoq (1868) por exemplo, a personaxe principal é experto en disfraces, unha característica con frecuencia importante para os detectives.R. Bonnoit, Émile Gaboriau ou la Naissance du Roman Policier, Librairie Philosophique J Vrin, París (1985), p. 198. Considérase que a obra de Émile GaboriauÉmile Gaboriau contén o primeiro exemplo dun detective que examina minuciosamente a escena do crime, para descubrir pistas alí.T. Gunning, Lynx-Eyed Detectives and Shadow Bandits: Visuality and Eclipse in French Detective Stories, Yale French Studies 108, (2005), p.75.

A idade de ouro