Xudite de Évreux, nada en Évreux en 1050 e finada en Palermo en 1080, foi a primeira condesa de Sicilia polo seu matrimonio con Roxerio I de Sicilia.Detlev Schwennicke, Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge, V. II (Marburgo, Alemañea: J. A. Stargardt, 1984, Tafel 79.
Traxectoria Xudite era filla de Guillerme de Évreux e Heloise de Nevers.Heloise of Nevers (1056-c. 1103) en Familypedia . A lenda di que o nobre normando Roxerio de Hauteville, o futuro primeiro conde de Sicilia Roxerio I, namorouse dela cando a viu na Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle, do mosteiro beneditino a onde fora enviada canda a súa irmá Emma.
A voda tivo lugar en San Martino di Taurianova en 1061.
Hai pouca información acerca da primeira condesa de Sicilia, un país atormentado polas invasións musulmás. A miúdo aparece xunto ao seu marido, destacando pola súa valentía.
En 1080, pouco despois de que Roxerio partise de Sicilia para axudar o seu irmán Roberto Guiscardo, Xudite morreu.
Descendencia Do seu matrimonio co conde Roxerio de Sicilia naceron catro fillas: Flandina (morta c. 1094), que casou dúas veces: primeiro con Hugo de Circea, primeiro conde de Paternò, e despois con Henrique del Vasto, fillo de Manfredo del Vasto, e irmán de Adelaida del Vasto. Matilde (c. 1062 - 1094), casou en 1080 con Raimundo IV de Tolosa. Adelisa (morta c. 1096), casou en 1083 con Henrique, conde de Monte Sant'Angelo. Emma (c. 1070 - 1120), pedida en matrimonio por Filipe I de Francia, casou primeiro con Guillerme (ou Roberto), conde de Clermont e, en segundas nupcias con Rodolfo Macabeo, conde de Montescaglioso.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Malaterra, Goffredo (2005): The deeds of count Roger of Calabria and Sicily and of his brother duke Robert Guiscard. Ann Arbor, Míchigan, USA: The University of Michigan Press. ISBN 0-4721-1459-X. Norwich, John Julius (2004): The Normans in Sicily. The Normans in the South 1016-1130 and the Kingdom in the Sun 1130-1194. Londres, RU: Penguin Books. ISBN 978-0-1401-5212-8.
Outros artigos Condado de Sicilia Roxerio I de Sicilia
Ligazóns externas Family: Comte Guillaume d' Évreux / Heloise de Nevers en Geneagraphie - Families all over the world.
Categoría:Nobres de Francia Categoría:Nados en 1050 Categoría:Finados en 1080