O Universitäts-Sport-Club Heidelberg, abreviado USC Heidelberg e coñecido por motivos de patrocinio como MLP Academics Heidelberg, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Heidelberg, Baden-Württemberg. Fundado en 1951, desde 2021 compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O club posúe nas súas vitrinas nove títulos de liga e dúas copas de Alemaña. O equipo xoga os seus partidos como local no SNP Dome, pavillón con capacidade para 5 000 espectadores.

Historia O Heidelberg foi fundado como club en 1899 pola Universidade de Heidelberg, aínda que a sección de baloncesto non se creou até o ano 1952. O club foi un dos equipos dominantes do baloncesto alemán nas décadas de 1950 e 1960, gañando un total de nove títulos de liga, seis deles consecutivos entre 1956 e 1962, así como dous títulos de copa. A nivel europeo, o club competiu na máxima competición continental, actual Euroliga, nas temporadas 1960, 1961, 1962, 1967 e 1974. Porén, nunca superaron os oitavos de final. Após desapareceren da elite, o Heidelberg regresou á Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano, na temporada 2021−22 tras gañar en 2021 a ProA.

Títulos Liga Campións (9): 1956–57, 1957–58, 1958–59, 1959–60, 1960–61, 1961–62, 1965–66, 1972–73, 1976–77 Copa Campións (2): 1977, 1978

Xogadores Destacados Christian Ast Danilo Barthel Paul Zipser Hrvoje Kovačević Gregory Alvin Baker Eric Palm Jaleen Smith Bernard Thompson

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Páxina do equipo en Eurobasket.com

Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña