miniatura|300px|Abadía de Saint-Wandrille

A abadía de Saint-Wandrille, antigamente chamada abadía de Fontenelle, é unha abadía beneditina situada no departamento de Seine-Maritime, na rexión de Normandía (Francia).

Instaurada no século VII, aínda hoxe está parcialmente en pé. Desde 1862 está baixo protección como monumento histórico.Abbaye de Bénédictins Saint-Wandrille dite Abbaye de Fontenelle en pop.culture.gouv.fr .

Historia miniatura|300px|Ruínas da abadía

San Wandrille fundou en 649 a abadía de Fontenelle, sobre unha propiedade concedida por Erquinoaldo, mordomo de palacio de Neustria. En 787, por orde de Carlomagno, Landry, abade de Jumièges e Ricardo, conde de Ruan estableceron un políptico, hoxe perdido. Foi a terceira abadía da provincia de Ruan, despois de Saint-Ouen e de Saint-Evrault.

Nunha carta de Carlos o Calvo datada o 21 de marzo de 854, pódese ler que os relixiosos de Fontenelle posuían bens en Le Pecq (Yvelines), en Chaussy-en-Vexin (Val-d'Oise), en Pierrepont, na comuna de Grandcourt (Somme), Bution (lugar aínda sen localizar, pero probabelmente cerca de Arpajon) e Marcoussis en Essonne.

A abadía contaba con 4 264 leiras e 28 muíños, ademais doutras propiedades, que, porén, se perderon practicamente por mala xestión.Kuchenbuch, Ludolf (1991): Grundherrschaft im früheren Mittelalter. Idstein, Darmstadt, Hesse, Alemaña: Schulz-Kirchner Vlg.

Contra 858 foi saqueada polos normandos e abandonada.

Contra 960, Ricardo I de Normandía propiciou o restablecemento dos monxes levados por Gérard de Brogne. Roberto o Magnífico emitiu cartas para a devolución das propiedades usurpadas.

A lenda di que o cabaleiro normando Roxerio de Hautreville, futuro primeiro conde de Sicilia, namorou de Xudite de Évreux cando a viu na abadía, onde a enviaran xunto coa súa irmá Emma. A parella casaría en 1061 na cidade calabresa de San Martino di Taurianova.Malaterra, Goffredo (2005): The deeds of count Roger of Calabria and Sicily and of his brother duke Robert Guiscard. Ann Arbor, Míchigan, USA: The University of Michigan Press. ISBN 0-4721-1459-X.Norwich, John Julius (2004): The Normans in Sicily. The Normans in the South 1016-1130 and the Kingdom in the Sun 1130-1194. Londres, RU: Penguin Books. ISBN 978-0-1401-5212-8.

Durante as Guerras de relixión de Francia, en maio de 1562, os protestantes e os seus seguidores saquearon a abadía.

A Revolución francesa suprimiu a institución e a pedra dos edificios góticos reutilizouse noutras construcións.

Desde 1862 está baixo protección como monumento histórico.

Edificios Único claustro gótico completo na Alta Normandía Gran refectorio Patio de honor Ruínas da abadía gótica Granxa medieval

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Abadía de Saint-Wandrille .

Categoría:Arquitectura gótica Categoría:Mosteiros beneditinos Categoría:Mosteiros de Francia