Lottie Cunningham Wren, nada en Bilwaskarma o 29 de setembro de 1959, é unha avogada e ambientalista nicaraguana de orixe indíxena miskito. Dedícase á defensa do territorio e a protección de ecosistemas locais. Debido á súa traxectoria como defensora de dereitos humanos, recibiu un recoñecemento por parte da fundación sueca Right Livelihood Award en 2020.
Traxectoria Cunningham foi parte da rede de organizacións que acompañou á comunidade indíxena de Awas Icni, que levou unha denuncia contra o Estado de Nicaragua por non asegurar o dereito ancestral da comunidade á propiedade do seu territorio e por outorgar unha concesión sen o seu consentimento.
Estudou Dereito na Universidade Centroamericana en Managua e ten un Doutoramento en Xurisprudencia.
Achegas Cunningham combinou elementos de dereito nacional e internacional para a defensa do dereito á propiedade territorial dos pobos indíxenas e afrodescendentes, ademais de contar con experiencia en programas de atención a mulleres vítimas de violencia.
Notas
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Activistas de Nicaragua