O Chaston Fútbol Sala (posteriormente coñecido coma Egasa Chaston e Egasa Coruña) foi un equipo de fútbol sala da cidade da Coruña, bicampión de liga e tricampión de copa na década de 1980.
Historia miniatura|Trofeos do Chaston FS Inicios Foi fundado polo empresario Miguel Mosquera Novo, ao redor de 1978, co nome da discoteca Chaston, que posuía. Na tempada 1980-81 xa chegou á fase final do Campionato de España de fútbol sala que se disputou na Coruña. Foi o primeiro club español de fútbol sala en fichar a un xogador brasileiro, Denis, despois dun partido amigable disputado por Chaston contra un equipo do Río de Xaneiro. Chaston contribuíu cun xogador (Vituco) ao primeiro partido disputado pola selección española de fútbol sala en 1982.
Década de 1980 Os maiores logros deportivos chegaron a mediados da década de 1980, cando se proclamou campión de liga ante a Unión Sport de Madrid en abril de 1984. Posteriormente revalidou o título de liga en 1985, foi subcampión de liga 1988 e gañou as copas do rei de 1986, 1987 e 1988.
Participou no primeiro campionato unificado de liga, xurdido en 1989 (xa co nome de Egasa Chaston), esa tempada quedou fóra dos play-offs.http://hemeroteca-paginas.mundodeportivo.com/EMD01/HEM/1990/04/21/MD19900421-039.pdf
Década de 1990 Na tempada 1989-90 debutou na División de Honra, como Egasa Chaston, sendo o seu adestrador o antigo defensa do Deportivo da Coruña Pancho García, que xogara tamén no Chaston un par de anos antes Mantívose na máxima categoría do fútbol sala español durante seis anos e na 1991-92 alcanzou os play-offs polo título, caendo nos cuartos de final ante Elpozo Murcia.
Participou na División de Honra como Egasa Coruña as tempadas 1993-94 e 1994-95 na que descendeu á división de prata por un descenso administrativo, o que levou a súa desaparición.
Palmarés
Campión de liga 1983-84 Campión de liga 1984-85 Campión de Copa do rei 1985-86 Campión de Copa do rei 1986-87 Campión de Copa do rei 1987-88
Notas
Categoría:Equipos de fútbol sala de Galicia Categoría:Deporte na Coruña