O Nawrūz (en , pero tamén, debido ás diferenzas de pronuncia entre as variedades lingüísticas, Novruz, Nowruz ou Norouz), é unha festa tradicional persa que celebra o Aninovo. É seguida en Irán, Kurdistán, Azerbaidján, Afganistán, Albania, Bosnia, países de Asia Central como Turkmenistán, Tadjiikistán, Uzbekistán, Kirguizistán e Kazakhstán, así como nas comunidades iranianas en Iraq, Paquistán, Turquía e noutros moitos países. Ocorre o 21 de marzo, aínda que nalgúns lugares celébrase o 20 ou 22, coincidindo co equinoccio de primavera.

Nada no ámbito persa preislámico, e inicialmente unha festa sagrada zoroastriana, o Nowruz é celebrado por moitas outras relixións, incluída a relixión bahá'í. Nos países iranianos que calculan o tempo baseado nun calendario lunar-solar (chamada Hijrī-Shamsī, isto é "calendario Héxira") considérase unha festa ('Īd) popular mais non relixiosa, similar ao Aninovo nos países cristiáns occidentais. Nowrūz, ademais de representar a data de inicio do calendario persa, tamén se celebra como a data de inicio da primavera. Tamén os sufís celebran esta festa, que chaman "Sultán Nevruz", xa que cren que nesta data o profeta Mahoma recibiu a orde de Alá de difundir a súa mensaxe a todos, ademais para os sufís é o día no que o mundo comezou a xirar por vontade divina.

O 21 de marzo foi proclamado Día Internacional do Nawrūz pola Asemblea Xeral das Nacións Unidos en 2010 e foi incluída como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO en 2009 ao recoñecer que era unha tradición cultural compartida por moitos pobos que promove valores de paz, achegamento, reconciliación e amizade.

Etimoloxía O termo Nowruz deriva da unión de dúas palabras do persa antigo: nava (novo) e rəzaŋh (día), e polo tanto significa "novo día". Tamén no persa moderno mantén o mesmo significado, xa que no significa "novo" e rouz é "día".iranchamber.com

O termo xa era empregado na época do Imperio Parto e Sasánida, segundo fontes que se remontan ao século II d.C., pero a festa xa se celebraba durante o período aqueménida (século VII - IV a.C.), sendo o día no que os pobos das nacións sometidas levaban agasallos ao emperador. De feito, nos textos en persa medio recóllese a expresión nōg rōz para indicar o "novo día".Random House dictionary (unabridged), 2006 (according to Dictionary.reference.com).Elien, Shadi, "Is the Persian New Year spelled Norouz, Nowruz, or Nauruz?", The Georgia Straight, 17 de marzo de 2010.

Historia e tradición miniatura|Unha moza kurda en Irán preparándose para o Nawrūz. miniatura|Un baixorrelevo da antiga Persépole, que representa un dos símbolos zoroastrianos do equinoccio: un león atacando un touro. Segundo a tradición mitolóxica iraniana, o Nowruz remóntase a hai uns 15.000 anos, na época do lendario rei persa Jamshid quen, segundo o Shahnameh, fundou esta festa para celebrar a chegada da primavera. Máis tarde Zoroastro, o profeta da relixión homónima, reorganizou o festival na honra de Ahura Mazdā, a suprema divindade preislámica iraniana.M., Price, NOROOZ; The Most Important Event In Iranian Culture); consultado o 6 de marzo de 2007.

Investigacións recentes testemuñan que, doce séculos despois, no 487 a.C., o emperador persa Darío fixo celebrar o Nowruz, con grandes preparativos, no seu palacio real de Persépole. Sinálase que nese ano o Sol caeu exactamente no centro do observatorio astronómico construído no palacio. Este excepcional acontecemento, previsto polos astrónomos persas, foi visto como un bo presaxio para o reino.Al. A. Jafari, NOROOZ (New Day); The New Year of Iranian Peoples; consultado o 6 de marzo de 2007. esquerda|miniatura|Distribución dos regalos co gallo do Aninovo polo Xa Sultan Husayn (século XVIII). Posteriormente, Nowruz converteuse nunha festa imperial baixo a dinastía parta (248 a. C.)- 224 d.C. ). A documentación máis extensa das celebracións do Nowruz nos tempos antigos, provén da época de Ardashir I, fundador da dinastía sasánida (224 - 651). De feito, durante esta dinastía, o Nowruz converteuse na festa máis importante do ano e, nesta época, introducíronse tradicións como a audiencia pública do soberano, a amnistía para os prisioneiros e o intercambio de agasallos. Nowruz foi unha das poucas festividades na antiga Persia.

O Nowruz en diferentes culturas O Nowruz leva máis de 3000 anos celebrándose e foi asimilado por todos os pobos e culturas que antes formaban parte do Imperio Persa. Hoxe en día, celébrase en moitos países do Oriente Próximo, Asia Central, Turquía, Albania e algunhas repúblicas exsoviéticas como Tadjiikistán, Uzbekistán, Azerbaidján, Turkmenistán, Kazakhstán e Kirguizistán. Tamén é unha importante festa do pobo kurdo, que a considera un momento importante de unidade nacional, e é considerada unha festa relixiosa para a fe bahaí. Non obstante, en cada cultura desenvolvéronse algunhas particularidades na festa e o seu nome tamén tivo variacións segundo os idiomas locais. Ademais de por Nowruz, algunhas das denominacións polas que se coñece son: Newroz (especialmente entre os kurdos), Nauruz, Nauryz, Noe-Rooz, Nawroz, Norooz, Noruz, Novruz, Noh Ruz, Nauroz, Nav-roze, Navroz, Naw Rúz (entre o bahaí), Nevruz, Sultan Nevruz (destacadamente en Albania), Наврӯз, Navruz (particularmente en Turquía) ou Nowrouz.

O Nowrūz en Irán Irán (a antiga Persia) é o país onde naceu Nowrūz e onde a tradición probablemente é máis sentida. O período de preparación para o festival comeza xa no mes de Esfand, o último do ano no calendario persa e o último mes de inverno. As celebracións inclúen varios rituais; destas as máis importantes son: o Khane Tekani (limpeza da casa), o Chaharshanbe Suri (a festa do lume) e especialmente a preparación do Haft Sîn. miniatura|Khane Tekani de 2018: bogada dunha vivenda en Shar-e Kord (Irán)

Khane Tekani Khane Tekani é o rito tradicional que abre as celebracións de Nowrūz e consiste na limpeza completa da casa. Probablemente é unha referencia á renovación da natureza que se produce na primavera: a tradición inclúe tamén a compra de roupa nova e a decoración das casas con flores, especialmente xacinto e tulipán. O Khane Tekani comeza normalmente doce días antes de Nawrūz, durante o cal cada familia dedícase a limpar a casa e visitar a familiares e amigos. Estas visitas recíprocas a familiares e amigos íntimos son un compoñente fundamental do Nawrūz iraniano e alcanzan o seu cénit o día no que se reúnen as persoas para un xantar tradicional, o Haft Sîn, e intercambian agasallos.

Chahârshanbe Sûrî miniatura|Cadro do azarí Azim Azimzade de 1937 que representa o salto das cacharelas Chahârshanbe Sûrî é un ritual celebrado o último mércores do ano: a festa do lume. Constitúe unha representación alegórica da luz (lume) que derrota a escuridade, unha tradición que se vencella ao dualismo zoroastriano. Durante a noite de Chahârshanbe Sûrî é tradicional saír ás rúas e poñer pequenas e grandes fogueiras sobre as que saltan os mozos cantando os versos tradicionais Zardî-ye man az to, sorkhî-ye to az man, literalmente "a miña cor amarela para ti, a túa cor vermella para min", que significa simbolicamente "a miña debilidade (amarelo) para ti, a túa forza (vermella) para min". Hai moitas outras tradicións relacionadas co Chahârshanbe Sûrî; unha delas cre que esa noite os espíritos dos mortos poden volver visitar os seus descendentes vivos, outras fanse para atraer a boa sorte: escachar ánforas de terracota para atraer boa sorte (Kûzeh Shekastân), e atar un nó no canto dun pano e logo pedir a alguén que o desate (Gereh-goshâ 'î).

Haft Sîn miniatura|Mesa do Haft Sîn disposta polo Departamento de Estado dos Estados Unidos de América en 2021. O Haft Sîn (en "os sete "S") consiste na preparación dunha mesa para xantar con sete elementos cuxos nomes comezan coa letra sīn ("s" no persa). O sete é un número sagrado e simboliza os sete arcanxos cos que, hai case tres mil anos, Zoroastro fundou a súa relixión. O Haft Sin trae sorte, saúde, prosperidade, pureza espiritual e longa vida aos habitantes da casa. Para a celebración organízase a mesa de xeito particular: debe estar decorada da forma máis bonita posible. Para isto colócanse flores, o libro sagrado, a bandeira tricolor iraniana, candeas acesas, unha cunca de auga para simbolizar a transparencia da vida e unha folla na auga para a fugacidade da vida, así como o espello sexa visible como somos.

Sabzeh: grans de lentellas, cebada ou trigo que agromaron (sabzeh) para simbolizar o renacemento. Samanu: unha mestura de cebada brotada e tostada, que simboliza a abundancia. Senjed - froito de oliva silvestre seco, é un aglutinante que simboliza o amor. Sîr - allo, que simboliza a saúde. Sîb - mazás, escrupulosamente vermellas, para simbolizar a beleza. Somaq - bagas de sumagre, para simbolizar a dureza da vida. Serkeh - vinagre, que simboliza a paciencia e a sabedoría. Outros elementos simbólicos poden ser:

Sekkeh - "Moedas" - que representa a riqueza Candeas prendidas: iluminación e amencer. Un espello: simboliza a limpeza e a honestidade. Ovos decorados, ás veces un por cada membro da familia: fertilidade. Unha peixeira de auga cunha carpa vermella, que simboliza a vida dentro da vida. O símbolo dos peixes é un obxecto esencial sobre a mesa con motivo de Nowruz, símbolo que tamén se remonta á relixión do zoroastrismo. Auga de rosas ( Āb-e ghōl ): pureza e limpeza. As cores nacionais verde, branco e vermello: para un toque patriótico. Un libro sagrado (por exemplo, o Avestā, o Corán ou Kitāb-i Aqdas) e/ou un libro de poesía (case sempre o Shahnameh de Ferdowsi ou o Dīvān de Ḥāfeẓ).

O segundo grupo de elementos da mesa son para ofrecer aos hóspedes a comer e poden incluír:

Samanu: un doce pudín de trigo xermolado.

Aʿjīl: froitos secos como pistachos, noces, piñóns, pasas.

A mesa do Haft Sin fica preparada durante trece días. O día trece de Farvardin, o primeiro mes do ano persa, recóllese a mesa.

O Nowrūz en Afganistán Nowrūz é tamén festexado en Afganistán, onde é coñecido "día do labrego". As celebracións alónganse dúas semanas rematando co primeiro día do ano novo, o 21 de marzo. Con todo, durante o primeiro goberno talibán (1996–2001) foi prohibido por consideralo como unha festa pagá.

O Nowrūz kurdo miniatura| Mulleres kurdas celebrando o Newroz, vestidas con cores tradicionais. Os kurdos celebran Nowrūz, chamado newroz, no período do 18 ao 21 de marzo.

As festas inclúen a saída das vilas, para celebrar a chegada da primavera e danzas e cancións populares; durante a noite acéndense cacharelas no campo e as festas continúan ata tarde. As mulleres adoitan vestir de cores brillantes, mentres que os homes adoitan levar bandeiras pintadas de vermello, verde e amarelo, as cores do pobo kurdo.library.cornell.edu As frases típicas pronunciadas nesta ocasión son: "Newroz píroz be! " (Feliz Newroz!) e "Bijí Newroz! " (Que o Newroz dure moito!).