Centaurea gallaecica é unha especie de planta da familia das Asteraceae. Foi descrita por primeira vez por (M. Laínz) Arnelas & Devesa no ano 2012. É unha especie endémica de Galicia, presente nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, especialmente na área serpentínica do centro de Galicia, na comarca de Melide. A reducida distribución deste taxon fixo que estea incluída como “vulnerable” no Catálogo galego de especies ameazadas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas
Categoría:Flora endémica de Galicia Categoría:Plantas descritas en 2012