Con Air é un filme estadounidense de 1997 dirixido por Simon West, escrito por Scott Rosenberg e producido por Jerry Bruckheimer. O filme está protagonizado por Nicolas Cage, John Cusack e John Malkovich, xunto con Steve Buscemi, Ving Rhames, Colm Meaney, Mykelti Williamson, Dave Chappelle, Rachel Ticotin, Danny Trejo, Nick Chinlund, Jesse Borrego, Jose Zuniga e Monica Potter nos papeis secundarios. O filme toma prestado o título do alcume do Justice Prisoner and Alien Transportation System.

Con Air estreouse nos cinemas o 6 de xuño de 1997 por Buena Vista Pictures a través Touchstone Pictures e foi un éxito de recadación, conseguindo máis de 224 millóns de dólares sobre un orzamento de produción de 75 millóns. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, aínda que o elenco e as secuencias de acción foron eloxiadas.

Personaxes

Nicolas Cage como Cameron Poe John Cusack como U.S. Marshal Vince Larkin John Malkovich como Cyrus "The Virus" Grissom Steve Buscemi como Garland "The Marietta Mangler" Greene Ving Rhames como Nathan "Diamond Dog" Jones Colm Meaney como Axente Duncan Malloy Danny Trejo como Johnny "Johnny 23" Baca Richard L. Duran como "Warlock" aka "Cochise" M. C. Gainey como Earl "Swamp Thing" Williams Nick Chinlund como William "Billy Bedlam" Bedford Dave Chappelle como Joe "Pinball" Parker Mykelti Williamson como Mike "Baby-O" O'Dell Jesse Borrego como Francisco Cindino Rachel Ticotin como Garda Sally Bishop Steve Eastin como Garda Falzon Angela Featherstone como Ginny Monica Potter como Tricia Poe Landry Allbright como Casey Poe John Roselius como Deputy Marshal Skip Devers Jose Zuniga como Axente da DEA Willie Sims Ty Granderson Jones como Blade Renoly Santiago (acreditado como "Renoly") como Ramon "Sally-Can't Dance" Martinez Powers Boothe como Officer at Leaving Ceremony (sen acreditar)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Bateman, Ronald R. Wendover Wings of Change: A History. Wendover, Utah: Ronald R. Bateman, 2004. . Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Simon West Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes rodados en Utah Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América