A tarabela, chamada tamén castañola de cana ou canaveira, é un pedazo de cana fendido na metade que se emprega en Galiza como instrumento de percusión.

Características Fabrícase cunha cana de, cando menos, tres nós, dous dos cales son fendidos verticalmente polo medio.Debuxo dunha tarabela. Térmase da tarabela coa man esquerda, na parte non fendida, deixando sobresaír parte da cana por abaixo para petar nela coa man dereita. Estes golpes fan que as partes superiores choquen emitindo un son similar ao da castañola.

As canaveiras utilízanse tanto no acompañamento de melodías, coma no canto e no baile. Nunha parte do filme do ano 1928 de Xosé Gil, As nosas festas de aló, pódese ver un grupo de persoas cantando e bailando ao son das tarabelas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Pasodobre e valse de Meanos (Zas) - Os do Fondo da Barra (2021) - Youtube.

Categoría:Instrumentos de percusión Categoría:Música tradicional galega Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes