Teodoro César Campuzano Sanz, nado en Redondela en 1905 e finado en Buenos Aires en xullo de 1970, foi un boxeador galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam, na categoría de peso medio.

Traxectoria Naceu en Redondela, onde seu pai, Nicolás Campuzano, rexentaba o cine Cinema Artístico. Sendo neno, emigrou con súa nai á Arxentina, onde comezou a practicar boxeo. Tras retornar a Galicia, en 1928 proclamouse campión de España afeccionado e debutou como profesional contra Recio, campión de Valencia e Andalucía.

Acudiu aos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam, onde particopu na categoría de peso medio, perdendo aos puntos no seu primeiro combate contra o estadounidense Harry Henderson. Disputou varios combates en Galicia, enfrontándose entre outros ao campión de Castela, Emilio Martínez. En 1929 foi proclamado campión galego do peso medio e en 1930 enfrontouse ao valenciano Vicente Lorenzo polo título nacional dos pesos medios, caendo derrotado.

En novembro de 1930 regresou á Arxentina, onde continuou a súa carreira como boxeador e onde rexentou unha fábrica de camisas. Faleceu aos 64 anos de idade, sendo soterrado no cemiterio Chacarita de Buenos Aires.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do boxeador en olympedia.org .

Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Redondela Categoría:Finados en 1970 Categoría:Boxeadores olímpicos de Galicia Categoría:Boxeadores nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Boxeadores de peso medio