Frida é un filme estadounidense de 2002 dirixido por Julie Taymor cal describe a vida profesional e privada da artista mexicana surrealista Frida Kahlo. Protagonizado por Salma Hayek no papel de Kahklo, o cal lle valeu un nomeamento aos Premios Óscar, e por Alfred Molina como o seu marido, Diego Rivera, o filme foi adaptado por Clancy Sigal, Diane Lake, Gregory Nava, Anna Thomas, Antonio Banderas e, de maneira non oficial, por Edward Norton, a partir do libro de 1983 Frida: A Biography of Frida Kahlo de Hayden Herrera. Frida recibiu valoracións positivas por parte da crítica e na 75ª edición dos Óscar gañou dous galardóns nas categorías de mellor maquillaxe e mellor banda sonora dos seis premios aos que estaba nomeado.
Personaxes
Salma Hayek como Frida Kahlo Alfred Molina como Diego Rivera Geoffrey Rush como Lev Trotski Mía Maestro como Cristina Kahlo Ashley Judd como Tina Modotti Antonio Banderas como David Alfaro Siqueiros Edward Norton como Nelson Rockefeller Diego Luna como Alejandro González Arias Margarita Sanz como Natalia Sedova Patricia Reyes Spíndola como Matilde Kahlo Roger Rees como Guillermo Kahlo Valeria Golino como Lupe Marín Omar Rodriguez (aka Omar Chagall) como André Breton Felipe Fulop como Jean Van Heijenoort Saffron Burrows como Gracie Karine Plantadit-Bageot como Josephine Baker
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Julie Taymor Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes ambientados na Cidade de México Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes feministas