O Arquipélago das illas Salomón é un arquipélago de Oceanía localizado no oeste do océano Pacífico, ao leste da illa de Nova Guinea. Está situado na subrexión continental da Melanesia, dentro da rexión bioxeográfica de Oceanía Próxima. As illas máis occidentais constitúen a Rexión Autónoma de Bougainville e pertencen a Papúa-Nova Guinea, o resto das illas pertencen ao estado homónimo das Illas Salomón. O arquipélago, situado dentro dun rectángulo de preto de 1 100 quilómetros de longura e 600 quilómetros de largura, ten unha superficie total duns 40 000 km².
Xeografía miniatura|390px|Arquipélago das illas Salomón (en amarelo as pertencentes ás Illas Salomón e en marrón as de Papúa-Nova Guinea). A illa de maior extensión é Bougainville, pertencente a Papúa-Nova Guinea. O resto do arquipélago pertencente a este país son illotes, agás a illa de Buka, situada ao noroeste de Bouganville e separada desta por un estreito e profundo canal de só 200 metros de largo.
As outras illas principais e unha infinidade de illotes de corais tornáronse independentes o 7 de xullo de 1978 co nome de Illas Salomón, cuxa capital é Honiara, localizada na illa de Guadalcanal, a maior do país e a segunda do arquipélago. Outras illas son Choiseul, Nova Xeorxia, Santa Isabel, Malaita e Makira (antes San Cristóbal).
As principais illas que compoñen o arquipélago das illas Salomón son as seguintes:
Bougainville Buka
Choiseul Guadalcanal, onde está a capital do país, Honiara Santa Isabel Makira Malaita Rennell Bellona Illas Florida Illas Russell Illas Nova Xeorxia
Véxase tamén Illas Salomón do Norte
Notas
Categoría:Melanesia Categoría:Papúa-Nova Guinea Categoría:Xeografía das Illas Salomón