Javier Peña López, nado na Coruña en 1979, é un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Mudouse a Santiago de Compostela a estudar Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 2001.

Traballou como xornalista no diario deportivo As e a partir de 2010 na Xunta de Galicia, nos departamentos de prensa de distintas consellerías, primeiro Cultura e logo Traballo e Benestar. En 2017 deixou a Xunta de Galicia para dedicarse profesionalmente á escritura.

Dirixe a residencia literaria da Cidade da Cultura, por onde pasaron Nerea Pallares e Lucía Sobral.

É o creador do podcast literario Grandes Infelices´, un dos máis relevantes na lingua castelá.

Obra

Infelices (2017) Agnes (2021, Blackie Books) Tinta Invisible (2024, Blackie Books )

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Novelistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela