Phantom Thread é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Paul Thomas Anderson, e protagonizado por Daniel Day-Lewis, Lesley Manville e Vicky Krieps.

Sinopse No Londres de 1954, o deseñador de moda Reynolds Woodcock crea vestidos para membros da alta sociedade. O seu carisma correspóndese coa súa personalidade obsesiva e controladora. Cyril, a súa irmá, manexa as operacións diarias da súa casa de modas e ten unha influencia significativa na súa vida.

Despois de deseñar un vestido para unha clienta venerada, a condesa Henrietta Harding, Reynolds visita un restaurante no campo e interésase por unha camareira estranxeira, Alma Elson. Reynolds pídelle que cee con el e ela acepta. A súa relación desenvólvese e ela múdase con el, converténdose na súa modelo, musa e amante.

Personaxes

Daniel Day-Lewis como Reynolds Woodcock Lesley Manville como Cyril Woodcock Vicky Krieps como Alma Elson Camilla Rutherford como Johanna Gina McKee como condesa Henrietta Harding George Glasgow como Nigel Cheddar-Goode Brian Gleeson como Dr. Robert Hardy Harriet Sansom Harris como Barbara Rose Lujza Richter como princesa Mona Braganza Julia Davis como Lady Baltimore Nicholas Mander como Lord Baltimore Philip Franks como Peter Martin Phyllis MacMahon como Tippy Silas Carson como Rubio Gurrerro Richard Graham como George Riley Jane Perry como Mrs. Vaughan

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Paul Thomas Anderson Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes ambientados en 1954 Categoría:Filmes ambientados en 1955 Categoría:Filmes de Annapurna Pictures