Timothy Lawrence Shea, máis coñecido como Tim Shea, nado en Nova York o 6 de marzo de 1949, é un exadestrador profesional de baloncesto estadounidente. A súa carreira como adestrador desenvolveuse na súa maior parte en clubs europeos, fundamentalmente da Liga ACB, onde dirixiu clubs como OAR Ferrol, Atlético de Madrid-Villalba, Club Ourense Baloncesto ou CB Breogán de Lugo, cidade na que reside na actualidade. Alén de adestrador, traballou no organigrama de franquías da NBA como New York Knicks, Phoenix Suns ou Charlotte Bobcats.
Traxectoria Clubs Tim Shea adestrou aos seguintes equipos: OAR Ferrol (1983−1984) Pallacanestro Pordenone (1985-1986) Clesa Ferrol (1986−1987) Leite Río Breogán (1987−1988) Benfica Lisboa (1988−1990) Atlético de Madrid-Villalba (1990−1991) Obradoiro CAB (1991−1992) Prohaci Mallorca (1992) Coren Ourense (1992−1994) C.C. Llobregat Cornellà (1994) Maccabi Jerusalem (1995−1996) Ourense Xacobeo 99 (1997−1998)
Seleccións (2012)
Palmarés Campión da Liga Portuguesa (2): 1989, 1990 Campión da Copa Portuguesa (1)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Tim Shea na web da ACB
Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Adestradores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1949 Categoría:Adestradores do Obradoiro CAB Categoría:Adestradores do Club Ourense Baloncesto