Walter Wesley Hill, nado en Long Beach (California) o 10 de xaneiro de 1942, é un director, guionista e produtor de cinema estadounidense, coñecido polos seus filmes de acción e pola revitalización do xénero do western.

Traxectoria Hill naceu en California en 1942. En varias entrevistas contoou que de neno sufría de asma, razón pola que tivo moitos problemas para rematar a escola. O seu avó era perforador de petróleo e isto influíu para que máis tarde el traballase tamén nese labor.

Viviu e cursou estudos de arte na Universidade das Américas na Cidade de México. Posteriormente cambiouse á Universidade Estatal de Míchigan, onde se licenciou en historia.

Ata 1968 só fixo unha incursión no cinema, como segundo axudante de dirección no filme The Thomas Crown Affair. Foi tamén segundo axudante de dirección (sen acreditar) ese mesmo ano en Bullitt, e en Take the Money and Run (1969) traballou igualmente con Woody Allen, aínda que dixo que non lembraba facer moito á parte de pasar páxinas e encher tarxetas de tempo.

Desde o principio amosou inclinación á escritura de guións. O primeiro foi dun western titulado Lloyd Williams and His Brother; non chegou a adaptarse á pantalla grande, mais gustó á Warner Bros, que lle fixo máis encargas. Despois escribiu The Getaway e Hickey and Boggs, que se levaron ao cinema en 1972. O seu debut como director non chegou ata 1975 con Hard Times. En 1979 escribiu e dirixiu Os guerreiros, que se converteu nunha das súas obras máis destacadas e nun filme de culto nos Estados Unidos. Estaba baseado nunha novela de Sol Yurick, inspirada á súa vez no relato da Anábase, de Xenofonte.

A súa paixón sempre foi o western, e o seu referente fundamental a obra de John Ford, aínda que moitos dos seus éxitos fan parte do cinema policial e da comedia. Os seus filmes adoitan presentar situacións en que as personaxes principais se atopan baixo unha forte presión. A súa vida habitualmente é complicada e dá a sensación de que sempre foi así. Con frecuencia as súas personaxes masculinas viven ao seu xeito, sen confianza na natureza humana.

Hill constituíu xunto con Steven Spielberg, George Lucas, John Milius, Brian De Palma, Martin Scorsese, Paul Schrader ou Francis Ford Coppola a xeración de cineastas da década de 1970 que modernizou o cinema estadounidense.

Vida persoal Hill casou con Hildy Gottlieb, axente de talentos da International Creative Management na Tavern on the Green de Nova York o 7 de setembro de 1986. Tiveron dúas fillas, Joanna e Miranda.

Filmografía Ano TítuloFunción Notas Director Guionista Produtor1972Hickey & Boggs The Getaway 1973The Mackintosh Man The Thief Who Came to Dinner 1975The Drowning Pool Hard Times 1978The Driver 1979Os guerreiros 1980 Bandidos de lenda 1981 Southern Comfort 1982 48 Hrs. 1984 Streets of Fire 1985 Brewster's Millions 1986 Crossroads Blue City Aliens 1987 Traición sen límite 1988 Red Heat 1989 Johnny Handsome 1990 48 horas máis 1992 Alien 3 Trespass 1993 Xerónimo 1994 The Getaway 1995 Wild Bill 1996 O último home íntegro 2000 Supernova Acreditado como "Thomas Lee" 2002 Invicto 2012 Bullet to the Head 2016 The Assignment TBA Dead for a Dollar

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Walter Hill at IGN European box office figures for Walter Hill films at Box Office Story Walter Hill: The Cowboy Iliad - A Legend Told In The Spoken Word

Entrevistas

Categoría:Nados en Long Beach Categoría:Nados en 1942 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema Categoría:Directores de televisión