Antonio Sánchez Veiras, Antonio de Varela, nado en Xanceda (Mesía) o 24 de decembro de 1909 e finado na Coruña o 17 de novembro de 1985, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Labrego, foi presidente do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Xanceda, da CNT. Foi nomeado concelleiro de Mesía en 1935.Concelleiros das corporacións republicanas A principios dos anos corenta era membro do grupo de Benigno Andrade García co que despois se integrou na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi procesado polo Xulgado Militar da Coruña por rebelión na causa 461/46 xunto con Antonio Villaverde Sanmartín."Requisitoria", La Voz de Galicia, 9-2-1947, p. 2. Exiliouse na Arxentina. Retornou a Galicia e finou na Coruña o 17 de novembro de 1985.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 18-11-1985, p. 61.

Vida persoal Casou con María Lucia Giráldez San Román e foi pai de Juan Antonio Sánchez Giráldez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Concelleiros de Mesía Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina

Categoría:Nados en Mesía Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1985