Miguel Ángel Álvarez Villar, nado en Vigo o 10 de febreiro de 1971, é un ex-remeiro galego. Foi campión de España e competiu na proba de dobre scull nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, conseguindo un diploma olímpico.

Traxectoria miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Comezou a practicar remo no Club Remo Chapela, e en 1989 quedou cuarto no Campionato do Mundo de Remo Xuvenil disputado no Lago de Bled, en Iugoslavia, na proba de scull individual. Ao ano seguinte participou no seu primeiro Mundial absoluto, na illa de Tasmania, na mesma modalidade. En 1992 conseguiu a medalla de ouro na Copa das Nacións (antigo nome do Mundial sub-23), na modalidade de dobre scull, remando xunto a José Antonio Merín.

Participou con Merín na proba de dobre scull dos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, e logrou meterse na final, na que participaban seis embarcacións. Rematou finalmente no sexto posto, obtendo así un diploma olímpico. En 1994 foi campión de España no dobre scull xunto a José Ignacio Bugarín e quedou noveno no Campionato do Mundo celebrado en Indianápolis, na proba de cuádruplo scull.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do remeiro no sitio web oficial da Federación Internacional de Sociedades de Remo .

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Remeiros olímpicos de Galicia Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 1992