Pierre Simon Benjamin Duvivier, nado en París o 5 de novembro de 1730 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1819, foi un medallista e deseñador de moeda francés, o décimo terceiro en ocupar o posto de gravador xeral de moedas de Francia."Duvivier (Les)". En La Grande Encyclopédie. Tomo 15. Lamirault, París. Páxina 154.

Traxectoria

Orixes e formación Pierre Simon Benjamin Duvivier naceu o 5 de novembro de 1730 en París, un dos dezasete fillos do gravador Jean Duvivier (1687-1761),Barre, A. (1867). Páxina 11. medallista oficial de Lois XV (1715-1774)Bellier de La Chavignerie, E. (1882). Páxina 508. e de Marie-Louise Vignon (finada en 1756), unha familia proveniente de Liexa.Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxina 339. Un dos seus irmáns foi o pintor e gravador Thomas Germain Joseph Duvivier.Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxina 438. A súa irmá Jeanne Louise Françoise casou co tamén gravador Jacques Nicolas Tardieu (1716-1791).Archives de l'art français. Documents. Tome quatrième. Dumolin, París. 1865. Páxina 64.Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxinas 382, 443.

Benjamin Duvivier ingresou no Collège des Quatre-Nations, da antiga Universidade de París, para estudar Humanidades e Filosofía, e alí coñeceu e estableceu amizade con Abraham Hyacinthe Anquetil-Duperron e con Nicolas Louis de Lacaille, o futuro astrónomo. Chegou a planear unha viaxe de exploración con Anquetil-Duperron, que se viu obrigado a cancelar por motivos de saúde.Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxina 341. miniatura|223x223px|Pierre Simon Benjamin Duvivier fixo en 1762 este retrato do seu pai, Jean Duvivier (1687-1761). A decisión de Benjamin de seguir unha carreira artística atopouse coa oposición drástica do seu pai. A raíz deste conflito abandonou o fogar familiar e instalouse coa súa irmá e o seu cuñado, Tardieu, quen contribuíu na súa formación como gravador.Forrer, L. (1916). Páxina 685.

O 25 de setembro de 1756 gañou unha medalla concedida pola Academia Real de Pintura e Escultura, cun gravado dunha escena da natureza.

Carreira como gravador Jean Duvivier, o seu pai, finou o 30 de abril de 1761, e entón Benjamin solicitoulle ao rei poder continuar co posto que aquel ocupaba nas galerías do Louvre. Esta solicitude foille concedida o 7 de xuño de 1762 e Benjamin asumiu o antigo cargo do seu pai de medallista real.Forrer, L. (1916). Páxinas 685-686. O 24 de novembro de 1764 foi admitido como membro da Real Academia de Pintura e Escultura, que o recibiu o 28 de decembro de 1776 e da que foi nomeado conselleiro en 1792. O 13 de febreiro de 1765 logrou do rei o seu permiso para pasar un ano en Italia.Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxina 342. O 21 de agosto de 1774 acadou o posto de gravador xeral de moedas de Francia, logo de lle adquirir os dereitos do posto a Joseph Charles Roëttiers, que o tiña na súa posesión logo da morte do seu fillo, Charles Norbert Roëttiers.Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxina 347.

Duvivier foi autor de diversos retratos de membros da familia real durante os reinados de Lois XV e de Lois XVI (1774-1792). Entre 1765 e 1798 tivo unha presenza asidua nos Salóns de París, onde expuña as súas obras.Bellier de La Chavignerie, E. (1882). Páxinas 508-509.Forrer, L. (1916). Páxina 686. No Salón de 1773 amosouse unha comparativa entre unha medalla súa na honra de Federico III, duque de Saxonia-Gotha-Altemburgo, e o retrato deste elaborado polo seu amigo Jean Antoine Houdon.Poulet, A. L. (2005-06-01). Jean-Antoine Houdon: Sculptor of the Enlightenment . University of Chicago Press. Páxina 302. ISBN 978-0-226-67649-4 miniatura|120x120px|Anverso da medalla na honra do Marqués de Lafayette (1791). En 1788 pasou a figurar como asociado estranxeiro da Academia de Ciencia e Artes de Richmond, Virxinia, nos Estados Unidos. Entre as súas medallas máis salientables figuran a de George Washington (1776) e a de Gilbert du Motier, Marqués de Lafayette (1791).Karel, D. (1992). Dictionnaire des artistes de langue française en Amérique du Nord: peintres, sculpteurs, dessinateurs, graveurs, photographes, et orfèvres. Presses Université Laval. Páxina 277. ISBN 978-2-7637-7235-6

Duvivier foi mestre doutro dos seus cuñados, Pierre Joseph Tiolier (1763-1819), que chegou tamén a ser gravador xeral, en 1803.Parkes Weber, F. (1907). "Medals and medallions of the nineteenth century relating to England, by foreign artists". En Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. 4ª serie. Vol. 7. Páxina 259Rexistro da súa participación no Salón de 1765 . Salons.musee-orsay.fr Durante a Revolución Francesa, o 11 de xullo de 1791 o posto que ocupaba Duvivier foi amortizado e este foi substituído no seu traballo por un antigo discípulo seu, Augustin Dupré. No entanto, continuou exercendo como creador de novas medallas e moedas, logo da súa destitución, ata 1801, data da súa derradeira medalla coñecida.Forrer, L. (1916). Páxinas 687-689.

As sinaturas de Benjamin Duvivier nas medallas e nas moedas nas que participou como deseñador ou como gravador son as seguintes: B. DUVIVIER ou B. DUVIV antes da morte do seu pai en 1791, e D·V ou DUV· ou DUVIV· ou DUVIVIER, logo do falecemento daquel.Rodot, N. (1904). Páxina 361.

En 1806 Duvivier foi designado membro da sección de gravado da Escola de Belas Artes do Instituto de Francia, logo do pasamento de Rambert Dumarest.

Pierre Simon Benjamin Duvivier morreu en París o 10 de xullo de 1819.

Escolma de traballos

Retratos

Moedas e medallas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française. Pillet Fils, París. Bellier de La Chavignerie, E. (1882). "Duvivier (Pierre-Simon-Benjamin". En Dictionnaire général des artistes de l'École française depuis l'origine des arts du dessin jusqu'à nos jours: architectes, peintres, sculpteurs, graveurs et lithographes. Tomo 1. Renouard, París. Páxinas 508-509. Forrer, L. (1916). "Duvivier, Pierre Simon Benjamin". Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 1. Spink & Son. Londres. Páxinas 685-689. Marx, R. (1897). Les Médailleurs français depuis 1789, notice historique, suivie de documents sur la glyptique au XIXe siècle. Société de propagation des livres d'art, París. Rodot, N. (1904). Les médailleurs et les graveurs de monnaies, jetons et médailles en France. Leroux, París. Sociétés des Beaux-Arts (1889). "Pierre-Simon-Benjamin Duvivier". En Réunion des Sociétés des Beaux-Arts [...] du 11 au 15 juin 1889. 13e session. E. Plon, Nourrit et Ce., París. Páxinas 339-376. Thieme, U.; Becker, F. (1914). "Duvivier (Du Vivier) Benjamin (Pierre Simon Benj.)". En Allgemeines Lexikon der Bildenden Künstler von der Antike bis zur Gegenwart. Vol. 10. Seemann, Leipzig. Páxinas 249-250.

Outros artigos Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1730 Categoría:Finados en 1819 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado