Delmiro Barreiro Cubeiro, nado en Vigo cara a 1911, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Chofer e membro do Sindicato de choferes. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba facendo o servizo militar. Desertou. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 27 de novembro.El Pueblo Gallego, 29-11-1936, p. 4. Foi xulgado en Vigo por deserción e declarado en rebeldía. Fuxido con Manuel Rodríguez Fernández e Guillermo Santos Caride, en 1939 presentáronse ao gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos,El Pueblo Gallego, 5-5-1939, p. 8. pero fuxiron novamente ao saber que ían ser detidos. Membro do grupo de José García Morales e o seu irmán. Decidiu vender aos seus antigos compañeiros, caendo pola súa delación Julio Guillén Biel e Jesús Lago González en setembro de 1940.
Notas
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1910