Juan Antonio Caride Grandal, nado en Vigo o 13 de decembro de 1965, é un ex-loitador galego. Foi dúas veces campión de España de loita libre e competiu nos Xogos Olímpicos de 1988.

Traxectoria miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Comezou a practicar loita libre no Club Sambo de Vigo, con Manuel Roca como adestrador, e foi campión de España en categorías inferiores. En 1987 gañou o seu primeiro título de campión de España absoluto, en menos de 62 kg, e ao ano seguinte foi seleccionado para competir nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988. Participou na categoría de menos de 68 kg, perdendo os seus dous combates, o primeiro deles contra o finlandés Jukka Rauhala, medallista nos Ánxeles 1984, e o segundo contra o soviético Arsen Fadzaev, que acabou levando a medalla de ouro.

En 1993 gañou o seu segundo campionato de España, esta vez en menos de 68 kg.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Alfredo Marcuño Ligazóns externas Datos do loitador no sitio web do Comité Olímpico Internacional . Datos do loitador en olympedia.org .

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Loitadores olímpicos de Galicia Categoría:Loitadores nos Xogos Olímpicos de 1988