Unha pandeira, chamada tamén pandeiro redondo no caso de non levar ferreñas, é un instrumento musical de percusión similar á pandeireta, pero de maior tamaño.
Características A pandeira é o resultado de retirar a rede dunha peneira ou criboImaxe dun cribo., cubrir un dos lados cun parche feito coa pel dun animal e engadir ferreñas no marco de madeira. Existen diferentes técnicas para tocalas, sendo o máis habitual sostelas verticalmente coa man esquerda, co polgar introducido nun furado circular existente no marco, mentres se percute cos dedos da man dereita sobre a pel.
Até finais do século XIX estes instrumentos abundaron en moitos lugares de Galiza, esmorecendo o seu uso coa aparición da pandeireta na música popular. A comezos do século XX, o seu emprego estaba extinguido no país, agás nas zonas montañosas dos Ancares. Neste lugar, concretamente na aldea de Piornedo, celébrase desde 2006 a Festa da pandeira, un evento que congrega as tocadoras do instrumento das comarcas galegas, asturianas e leonesas próximas á serra de Ancares. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
A pandeira nos Ancares - TVG (Alalá nº 40 - 2007)
Categoría:Instrumentos de percusión Categoría:Música tradicional galega