Miguel Rodríguez Monteavaro, nado en Boal (Asturias) en 1990, é un filólogo, profesor da Universidade de Oviedo, poeta en linguas galega e asturiana e músico asturiano.
Traxectoria Naceu en Boal, concello galegofalante de Asturias. En 2015 estudou o "Máster en Investigación en Lengua Española" na Universidade Complutense de Madrid, cun traballo de fin de mestrado titulado "Precisiones geolingüísticas sobre -N- en la frontera de dos dominios románicos. El caso de la zona Eo-Navia (Asturias)". En 2021 finalizou o seu doutoramento en Investigacións Humanísticas pola Universidade de Oviedo, grazas a un contrato predoutoral Severo Ochoa do Principado de Asturias, coa tese "Estudiu dialectográficu y dialectométricu na frontera ente l'asturianu central y l'asturianu occidental (EDACEO)", que obtivo a máxima puntuación.
Entre 2008 e 2016, na súa vila de orixe e xunto con Andrés Rodríguez Monteavaro, dirixiu o festival de música, literatura, arte e pensamento contemporáneo "Outono en Bual". Desde 2022 é coordinador e director do Ciclu de Poesía QED, do Festival de poesía escénica Voces del fornu e da programación do Festival de poesía expandida Namás dragones, vinculado á Noche Blanca de Uviéu. Tamén é o comisario artístico da sección europea do Festival international de poésie de Québec (Canadá) desde a súa primeira edición, en 2026.
Foi o primeiro escritor asturiano en desfrutar, en 2021 da Residencia Asturies, na Residencia Literaria 1863 da Coruña. Un ano máis tarde, en 2022, obtivo unha estadía na Residencia Artes Escénicas Laboral Ciudad de la Cultura, en Xixón. En ambas as residencias estivo a traballar no proxecto A lluz, Orión e a nova lluz. En 2023 conseguiu unha Axuda á Creación Literaria do Goberno do Principado de Asturias e o primeiro posto na categoría de poesía nas Subvencións á Creación do Ministerio de Cultura de España.
Os seus poemas, escritos orixinalmente en galego (na variedade asturiana) e en asturiano, foron traducidos e publicados en máis de dez linguas e entre 2026 e 2027 varios dos seus libros verán a luz en diferentes volumes en catro países. A súa experiencia como poeta inclúe a súa participación en festivais e recitais de poesía en España, Polonia, México, Honduras, India, Québec, Alemaña, Exipto, Croacia, Kenya, Romanía, Grecia e outros países.
Miguel Rodríguez Monteavaro leva a cabo tamén espectáculos de poesía expandida, baseados nos seus poemarios: entre 2022 e 2025 presentou A lluz, Orión e a nova lluz, co músico Andrés Rodrigues e o artista visual Iván Torres e, desde entón, Cortar pescado en Manila, acompañado novamente do músico Andrés Rodrigues e con imaxes de Óscar Urok.
Alén diso, é integrante de formacións musicais como Caldo y Os Rabizos, Mezá ou La Bedur, entre outras.
"Son asturiano da raia mesmo. Son falante de galego de Asturias, escribo en galego de Asturias, en asturiano e en galego normativo", declaraba en 2024..
Obra en galego Poesía Trenta razois pra nun medrar (2010). Uviéu: Trabe. 82 p. ISBN 978-84-8053-558-8 Todos os tristes de mayo (2013). Uviéu: Trabe. 98 p. ISBN 978-84-8053-700-1. Poemas pr'amantes y paquidermos (2014). Uviéu: Trabe. 72 p. ISBN 978-84-8053-730-8 Oi, que dice mamá que volvas / Hey, mom says come back (2022). Xixón: Impronta e Gobierno del Principado de Asturias. 72 p. ISBN 978-84-127412-0-9. Tradución ao inglés de Jacob Rogers. A lluz, Orión e a nova lluz (2023). Barcelona: Disbauxa (col. Jeito, nº 2). 106 p. ISBN 978-84-127077-8-6 Cortar pescado en Manila (2024). Santiago de Compostela: Afundación, PEN Galicia, Xunta de Galicia. 69 p. ISBN 978-84-09-66490-0. Tradución do autor ao asturiano (2026) (Cortar pescáu en Manila. Llanes: Cierva y culiebra) e ao castelán (2027) (Cortar pescado en Manila. Barcelona: Ultramarinos). Tradución ao catalán (2026) de Eduard Velasco (Tallar peix a Manila. Calonge (Santanyí): Adia Edicions).
Outras publicacións
A música tradicional del Eo-Navia (2019). ATEM. Libro-disco de Caldo y Os Rabizos, Arquivo da Tradición dos Ermaos Monteavaro.
Obra en asturiano Poesía Tolos tristes de mayu (2014). Uviéu: Trabe. 100 p. ISBN 978-84-8053-731-5. (Tradución do autor ao asturiano do seu poemario en galego Todos os tristes de mayo). superpoderes (2020). Uviéu: Trabe e Goberno do Principado de Asturias. 64 p. ISBN 978-84-18286-04-9 Al disparar nunca parte (2025). Uviéu: Trabe. 96 p. ISBN 978-84-10345-63-8
Literatura infanto-xuvenil Breve inventariu de los seres escondíos (2025). Noreña: Pintar-Pintar. Ilustracións de Juan Torres. 64 p. ISBN 979-13-990269-1-7
Ensaio
Estudiu de la transición llingüística en la zona Eo-Navia, Asturias (ETLEN). Atles llingüísticu dialectográficu - horiométricu - dialectométricu (con Ramón d’Andrés Díaz (dir.), Fernando Álvarez-Balbuena García e Xosé Miguel Suárez Fernández) (2017). Uviéu: Trabe / Universidá d’Oviedo. ISBN 978-84-8053-892-3 La diversidá llingüística d’España y d’Asturies. Encuesta na ciudá de Xixón, 2017 (con Ramón d’Andrés Díaz) (2022). Uviéu: Trabe. ISBN 978-84-18286-81-0 Estudiu llingüísticu nel centru-occidente asturianu (ELCOA). Pequeñu atles dialectográficu (2023). Uviéu: Trabe. 824 p. ISBN 978-8419358639 Llingua, cultura y sociedá nel noroccidente ibéricu (coordinador, xunto con Fernando Álvarez-Balbuena García e Enrico Torre) (2023). Universidade de Uviéu. ISBN 978-8419358783 Dialectologia. Special issue. L’asturianu que vien, vien y vendrá. Investigaciones na honra del prof. Ramón d’Andrés Díaz (tomos I e II; coordinador, xunto con Cristina Bleortu) (2023). Universitat de Barcelona. ISSN 2013-2247
Traducións Nesa isla hai pantasmes (en colaboración con Pablo Texón Castañón) (2024). Uviéu: Trabe. 184 p. ISBN 978-84-10345-06-5. Poemas traducidos ao asturiano desde o galego, o occitano, o canarés, o sueco, o neerlandés, o albanés e o grego, froito do Obradoiro de tradución poética «Con barqueira e remador» de 2021 e 2022, coordinado por Yolanda Castaño.
Outras publicacións
(Como antólogo) Para além dos glaciares e do cemitério de sóis. Antologia contemporânea de poesia asturiana (2025). Porto: Officium Lectionis. Tradución de Jorge Melícias. ISBN 978-989-36383-4-7
Recoñecementos XIX Premio de Poesía Fernán Coronas "Padre Galo" 2012, por Tolos tristes de mayu. Premio Asturias Joven de Poesía 2019, por superpoderes https://www.europapress.es/asturias/noticia-miguel-angel-monteavaro-nicolas-bardio-cristian-david-lopez-ganadores-premios-asturias-joven-culturaqui-20191216173045.html. I Premio de poesía en galego-asturiano Ría del Eo 2021, con Oi, que dice mamá que volvas. Premio Xuan María Acebal de poesía 2024 polo poemario Al disparar nunca parte. Premio de poesía Afundación 2024 por Cortar pescado en Manila.
Notas
Categoría:Nados en Boal Categoría:Nados en 1990 Categoría:Galego de Asturias Categoría:Filólogos de España Categoría:Escritores de Asturias en lingua galega Categoría:Músicos de España Categoría:Profesores da Universidade de Oviedo