O Club de Remo Ares é un club deportivo galego do concello de Ares, fundado en 1958. Disputa regatas en todas as categorías e modalidades de banco fixo, bateis, trainerillas e traiñeiras, e tamén en banco móbil. Ao longo da súa historia acadou tres medallas de ouro no Campionato de España de Remo Olímpico e dúas no Campionato de España de Bateis. Ademais gañou dúas veces a Liga Galega de Traiñeiras e dende 2019 compite na Liga ACT.

Historia O club foi fundado na Cofraría de Pescadores de Ares o 9 de decembro de 1958, por Francisco López Sánchez "Pancho", que foi ademais o seu primeiro presidente. En 1959 participou nas súas primeiras competicións de bateis e traiñeiras, disputando entre outros o Campionato de España de Traiñeiras celebrado na Coruña coa traiñeira Ana María.

Tras 20 anos sen participar en competicións de traiñeiras, volveu facelo en 1984 e desde entón participa todos os anos en competicións desta especialidade. En 2016 gañou a Liga Galega de Traiñeiras e puido ascender á Liga ACT, a máxima división de remo en banco fixo. Tras descender en 2017 logrou un novo ascenso en 2019.

Un dos seus remeiros, Horacio Allegue, participou nuns Xogos Olímpicos, en Barcelona 1992.

Resultados AnoLigaPostoC. EspConchaC. GalAdestrador2004Liga Galega A9°2005Liga Galega A5º8º2006Liga Galega A7°2007Liga Galega A11º2008Liga Galega A7°2009Liga Galega A8º2010Liga Galega A10°2011Liga Galega A9º2012Liga Galega A8º 10px|descenso Agustín Fernández2013Liga Galega B1° 10px8º Agustín Fernández2014Liga Galega A5°7º Agustín Fernández2015Liga Galega A3º7º Agustín Fernández2016Liga Galega A1° ascenso|10px5º Agustín Fernández2017Liga ACT11º descenso|10px5º Agustín Fernández2018Liga Galega A2º2º Agustín Fernández2019Liga Galega A1º 10px2º Alberto Hermo2020Liga ACT10º4º Alberto Hermo2021Liga ACT9º8º2º Pendo Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club Páxina antiga do club

Categoría:Clubs de remo de Galicia