Pablo Sáinz Villegas (nado o 16 de xuño de 1977) é un guitarrista clásico español.
Traxectoria Naceu en Logroño, A Rioxa, onde comezou a súa formación musical aos seis anos. Continuou os seus estudos en Santander, no Conservatorio Superior de Madrid e en Alemaña. Residente en Nova York dende 2001 a súa carreira profesional como concertista levouno a actuar en prestixiosos auditorios como o Concertgebouw de Ámsterdam, a Filharmónica de Berlín, o Teatro Chaikovskii de Moscova e no Carnegie Hall de Nova York. Tamén gañou sona por traballar con importantes referentes da música clásica internacional como Plácido Domingo, con quen tocou no Estadio Santiago Bernabeu e no Amazonas, ou John Williams. En Galicia deu un concerto coa Orquestra Sinfónica de Galicia na Coruña en 2019 e participou no Festival Bal y Gay de 2021.
Notas
Véxase tamén Ligazón externa: Páxina web de Pablo Sáinz Villegas (en español)
Categoría:Nados na Rioxa Categoría:Nados en 1977 Categoría:Guitarristas de España