Cartas literarias a una mujer é unha obra en prosa de Gustavo Adolfo Bécquer. Está formada por catro cartas publicadas por entregas no xornal El Contemporáneo o 20 de decembro de 1860, o 8 de xaneiro e o 4 e 24 de abril de 1861. Malia a brevidade destas, foron consideradas nalgúns estudos, coma os de Rafael Montesinos, a base da razón poética de Bécquer.

Seguindo un modelo de literatura epistolar, expoñen un diálogo ficticio cunha muller. Nel, o autor vai debullando a súa teoría sobre o que son a poesía, os sentimentos ou o amor. É especialmente coñecida a pregunta que o poeta formula xa ao inicio da Carta I:

Estes diálogos imaxinarios, aparentemente sinxelos, en ocasións tórnanse en reflexións con maior consistencia filosófica. Aproxímanse ao binomio "sentir e pensar", xa enunciado na poesía metafísica do século XVII, a filosofía sensista previa ao Romanticismo. Esta herdaríaa máis adiante Miguel de Unamuno. De feito, así sucede cando Bécquer escribe:

Publicadas con anterioridade ao conxunto da obra poética de Bécquer, as Rimas, teñen, en opinión de parte da crítica, unha certa unidade con elas. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Obras literarias en castelán Categoría:Obras literarias de Gustavo Adolfo Bécquer Categoría:Epístolas